[CMI Galiza] Proposta de editorial: Arafat
imc-galiza lists.indymedia.org
imc-galiza lists.indymedia.org
Sexta-Feira, 12 de Novembro de 2004 - 13:43:34 PST
Lars.
Estou cos enlaces, borreinos sen darme conta, agora a buscar outra
vez...
On Fri, Nov 12, 2004 at 06:50:22PM +0100, imc-galiza lists.indymedia.org wrote:
> Por min adiante, por certo quén es?
>
> crista
>
> 0 Fri, 12 de Nov do 2004, ás 01:00:34PM +0100, imc-galiza lists.indymedia.org dixo:
> > Esquecín as ligazóns, agora as envío; podemos prescindir do primeiro
> > párrafo para facelo máis curto.
> >
> > On Fri, Nov 12, 2004 at 12:57:05PM +0100,
> > imc-galiza lists.indymedia.org wrote:
> > > xentes, aquí vai outro editorial
> > >
> > > Título: Arafat
> > > Foto: http://www.granma.cu/fotos1/noviembre04/arafat11.jpg
> > > Texto:
> > >
> > > Durante séculos a franxa comprendida entre o río Xordán e a costa
> > > occidental do mediterráneo foi espazo de convivencia de culturas e cuna
> > > das tres grandes relixións monoteístas do planeta: Terra Santa para o
> > > cristianismo, Terra de Sión para o xudaísmo e Lugar Sagrado
> > > para os musulmáns.
> > >
> > > No contexto dos movementos nacionalistas de finais do século XIX
> > > consolídase o sionismo como movemento que promove a progresiva
> > > colonización de Palestina por xudeus europeos. Os conflictos que xenera
> > > esta política colonial co proxecto de independencia palestino provocan a
> > > intervención dos estados árabes veciños cando en 1948 a comunidade xudea
> > > declara unilateralmente a creación do estado de Israel.
> > >
> > > Co apoio dos estados occidentais comeza a história dunha ocupación
> > > militar criminal que non dubida en bombardear escolas, organizar
> > > incursións que provocan a morte de familias enteiras destruindo as súas
> > > casas e disparando mísiles dende helicópteros contra a poboación,
> > > impedir a vertebración da sociedade palestina mediante muros de separación e
> > > centos de checkpoints ou destruindo os pozos de auga e as
> > > infraestructuras que constrúen as organizacións humanitarias.
> > >
> > > A pesar das unánimes condenas e das múltiples resolucións da ONU o estado
> > > israelí continúa intensificando a súa política xenocida que é
> > > amplificada e xustificada polos meios de comunicación como "loita
> > > contra o terrorismo". É así como se pode comprender que a morte de
> > > Yasser Arafat, Presidente da Autoridade Nacional Palestina e Premio
> > > Nobel da Paz sexa transformada na morte dun terrorista que debe ser
> > > enterrado entre escombros sin que se expliquen as causas da súa morte.
> > > Unha desmemória programada para que esquezamos que a loita do pobo
> > > palestino é polo seu direito a vivir dignamente nun território ocupado
> > > militarmente.
> > > _______________________________________________
> > > imc-galiza mailing list
> > > imc-galiza lists.indymedia.org
> > > http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
> > _______________________________________________
> > imc-galiza mailing list
> > imc-galiza lists.indymedia.org
> > http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
Mais informações acerca da lista imc-galiza