[CMI Galiza] Proposta de editorial: Arafat
imc-galiza lists.indymedia.org
imc-galiza lists.indymedia.org
Sexta-Feira, 12 de Novembro de 2004 - 03:57:05 PST
xentes, aquí vai outro editorial
Título: Arafat
Foto: http://www.granma.cu/fotos1/noviembre04/arafat11.jpg
Texto:
Durante séculos a franxa comprendida entre o río Xordán e a costa
occidental do mediterráneo foi espazo de convivencia de culturas e cuna
das tres grandes relixións monoteístas do planeta: Terra Santa para o
cristianismo, Terra de Sión para o xudaísmo e Lugar Sagrado
para os musulmáns.
No contexto dos movementos nacionalistas de finais do século XIX
consolídase o sionismo como movemento que promove a progresiva
colonización de Palestina por xudeus europeos. Os conflictos que xenera
esta política colonial co proxecto de independencia palestino provocan a
intervención dos estados árabes veciños cando en 1948 a comunidade xudea
declara unilateralmente a creación do estado de Israel.
Co apoio dos estados occidentais comeza a história dunha ocupación
militar criminal que non dubida en bombardear escolas, organizar
incursións que provocan a morte de familias enteiras destruindo as súas
casas e disparando mísiles dende helicópteros contra a poboación,
impedir a vertebración da sociedade palestina mediante muros de separación e
centos de checkpoints ou destruindo os pozos de auga e as
infraestructuras que constrúen as organizacións humanitarias.
A pesar das unánimes condenas e das múltiples resolucións da ONU o estado
israelí continúa intensificando a súa política xenocida que é
amplificada e xustificada polos meios de comunicación como "loita
contra o terrorismo". É así como se pode comprender que a morte de
Yasser Arafat, Presidente da Autoridade Nacional Palestina e Premio
Nobel da Paz sexa transformada na morte dun terrorista que debe ser
enterrado entre escombros sin que se expliquen as causas da súa morte.
Unha desmemória programada para que esquezamos que a loita do pobo
palestino é polo seu direito a vivir dignamente nun território ocupado
militarmente.
Mais informações acerca da lista imc-galiza