[CMI Galiza] Proposta de editorial: Arafat
imc-galiza lists.indymedia.org
imc-galiza lists.indymedia.org
Sexta-Feira, 12 de Novembro de 2004 - 04:00:34 PST
Esquecín as ligazóns, agora as envío; podemos prescindir do primeiro
párrafo para facelo máis curto.
On Fri, Nov 12, 2004 at 12:57:05PM +0100,
imc-galiza lists.indymedia.org wrote:
> xentes, aquí vai outro editorial
>
> Título: Arafat
> Foto: http://www.granma.cu/fotos1/noviembre04/arafat11.jpg
> Texto:
>
> Durante séculos a franxa comprendida entre o río Xordán e a costa
> occidental do mediterráneo foi espazo de convivencia de culturas e cuna
> das tres grandes relixións monoteístas do planeta: Terra Santa para o
> cristianismo, Terra de Sión para o xudaísmo e Lugar Sagrado
> para os musulmáns.
>
> No contexto dos movementos nacionalistas de finais do século XIX
> consolídase o sionismo como movemento que promove a progresiva
> colonización de Palestina por xudeus europeos. Os conflictos que xenera
> esta política colonial co proxecto de independencia palestino provocan a
> intervención dos estados árabes veciños cando en 1948 a comunidade xudea
> declara unilateralmente a creación do estado de Israel.
>
> Co apoio dos estados occidentais comeza a história dunha ocupación
> militar criminal que non dubida en bombardear escolas, organizar
> incursións que provocan a morte de familias enteiras destruindo as súas
> casas e disparando mísiles dende helicópteros contra a poboación,
> impedir a vertebración da sociedade palestina mediante muros de separación e
> centos de checkpoints ou destruindo os pozos de auga e as
> infraestructuras que constrúen as organizacións humanitarias.
>
> A pesar das unánimes condenas e das múltiples resolucións da ONU o estado
> israelí continúa intensificando a súa política xenocida que é
> amplificada e xustificada polos meios de comunicación como "loita
> contra o terrorismo". É así como se pode comprender que a morte de
> Yasser Arafat, Presidente da Autoridade Nacional Palestina e Premio
> Nobel da Paz sexa transformada na morte dun terrorista que debe ser
> enterrado entre escombros sin que se expliquen as causas da súa morte.
> Unha desmemória programada para que esquezamos que a loita do pobo
> palestino é polo seu direito a vivir dignamente nun território ocupado
> militarmente.
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
Mais informações acerca da lista imc-galiza