[CMI Galiza] próximo encontro

imc-galiza lists.indymedia.org imc-galiza lists.indymedia.org
Terça-Feira, 16 de Novembro de 2004 - 02:47:33 PST


digo eu; no anterior encontro propuxémonos reunirnos cada tres meses máis
ou menos, e según os meus cálculos tocaría facer o próximo en decembro
ou xaneiro como moi tarde.

eu propoño facelo un sábado como a última vez, tratando nós pola mañá as
cuestións que discutimos a través da lista, pero esta vez cunha comida
de convívio e sobre todo cun encontro aberto pola tarde para difundir o
proxecto e que sirva como contacto físico para quen poida estar
interesado en saber máis del, ou simplemente coñecernos, acercarse e
todo eso.

Vigo podería estar ben como propuxera alá atrás bbambam, aínda que penso
que xa vai sendo horas de irnos movendo ao norde, quizá Corunha, Ferrol,
Lugo ou igual na Costa da Morte, na Marinha...

cómo estades de datas?



Mais informações acerca da lista imc-galiza