[CMI Galiza] Re: Novo p edido de inscriçã o na lista imc-galiza por pedroiglesias

imc-galiza lists.indymedia.org imc-galiza lists.indymedia.org
Sexta-Feira, 19 de Novembro de 2004 - 04:15:06 PST


Eu conto coa boa fé do camaleón e do resto da xente que se queira
incorporar ao CMI. Pero o que sinalas é certo. Non é que invalide por
eso o formulario, por que calquera sistema é falibel, pero sí é certo
que nos debería levar a extender a reflexión sobre o sistema de entrada.
O actual  ten carencias como esa, e outras que tamén foro sinaladas.

En canto á cuestión da belixerancia, non se trata de ningún prexuízo.
Trátase de sentido común -consenso- á hora de comunicarse nun meio tan
carente de recursos como unha lista i en todo caso de experiéncia: basta
con mirar un pouquiño para atrás na nosa experiencia e ver a onde nos
levou eso. Esas dinámicas acaban convertíndose en a ver quen berra máis
forte e a ver quen provoca máis tensión con menos palabras; monopolizan
a canle e impiden o traballo a través dela, ademais de que é a típica
forma de confrontar as cousas dende o punto de vista do macho dominante.
Pero eu non sería contrario á creación dunha lista
imc-galiza-belixerando ou algo así, para experimentar coa belixerancia
sin que eso paralice o CMI de novo.

Outra cousa é a firmeza nos próprios postulados ideolóxicos, que se poden
defender con toda a vehemencia que sexa necesaria. Pero sempre
mantendose dentro dos mínimos límites de respeito interpersonal. Cais
son eses límites, nin idea. Supoño que é cuestión de ensaio-erro.

O 19/11/2004, "imc-galiza  lists.indymedia.org"
<imc-galiza  lists.indymedia.org> escribiu:

>0 Fri, 19 de Nov do 2004, ás 12:10:07PM +0100, crista dixo:
>> 0 Wed, 17 de Nov do 2004, ás 12:06:21PM +0000, imc-galiza  lists.indymedia.org dixo:
>
>Por certo, q acabo de caer na conta dunha curiosa e evidente vulnerabilidade 
>no formulario de inscripción, a cal permitiría a camaleón ser admitido na lista sen
>máis que enche.lo excusando de dar.se a coñecer e trocando o seu correo habitual por 
>outro calqueira. Evidentemente non creo q para camaleón este seña un xeito válido de 
>participación, pero deixa de manifesto q o criterio de non lle ter dado entrada por 
>causa da súa actitude conflictiva é pouco plausible tendo en conta que *calqueira* con 
>desexos ocultos de polemizar na lista, podería entrar nela sen máis q encher o formulario. 
>Se cadra o q deberiamos cambiar é o prexuizo segundo o cal unha postura belixerante 
>é necesariamente rexeitable, pois nesa belixerancia pode haber elementos de depuración 
>moi interesantes sempre q non acaparen a enerxía completa do proxecto. En fin, unha
>reflexión adicional ao tema.
>
>> 
>> Nese sentido teño unha proposta concreta q consistiría en engadir ao final 
>> do formulario de participación un novo campo con iste texto:
>> 
>> "Actualmente o imc-galiza atópa.se ideoloxicamente blocado a causa do
>> conflicto (eiquí un link a un resumo da cuestión) xurdido entre dous
>> compañeiros. Ten isto en conta antes de ingresar niste imc e opina
>> libremente sobre a cuestión. Dende o teu pto de vista, como o
>> solucionarías?"
>> 
>> Qué pensades? o}:)
>> 
>
>



Mais informações acerca da lista imc-galiza