[CMI Galiza] Formulario enviado por Pedro Iglesias

imc-galiza lists.indymedia.org imc-galiza lists.indymedia.org
Quarta-Feira, 24 de Novembro de 2004 - 12:13:44 PST


Formulário de novos membros enviado por Pedro Iglesias (pedroiglesias  hotpop.com) 
---------------------------------------------------------------------------

INTRO 
O CMI permíteme participar activamente dos movementos sociais na Galiza dun xeito, ademáis, que concorda perfectamente coas miñas ideas sobre como debe ser o seu desenrolo.

OUTROS COLECTIVOS 
Participei e participo en multitude de colectivos, tanto de xeito permanente como esporádico. Decidido a abandonar o mundo da política institucional, actualmente milito en Izquierda Unida de Galicia, na que sigo só polo morbo de ver como se autodestrúe, que espero que sexa pronto.

ÁREAS DE INTERESE 
 
Corresponsal (texto) 
Edición  
Traducir: Do inglés ao galego. Sempre nese senso, nunca ao revés se non se desexa unha cousa tipo Ansar. 
Varios, usos múltiples 


PRINCIPIOS DE UNIDADE E CRITÉRIOS
Gosto da idea de \"en construcción permanente\" á que se fai referencia nos criterios de filiación, máis entendo que o que debe estar \"en construcción permanente\" debe de ser o total do proxecto, e non sóa declaración de obxetivos ou a política editorial. Por elo non entendo a existencia de principios de unidade e criterios de filiación incuestionábeis. En calquer caso concordo co que pretenden expresar.

SISTEMA CONSENSUAL: 
Resultame case imposibel atopar experiencias previas comparábeis na minha praxe político-social previa dado o caracter \"oficial\" que se lhe pretende dar á toma de decisións por consenso.

USO DAS LISTAS: 
A minha experiencia neste senso limítase a suscripción, e esporádica parcicipación, nun sinfín de listas. Como espectador resultoume especialmente interesante o seguimento da preparación e celebración do mayday deste ano en Barna.

CMI GALIZA: 
Gosto de que máis aló de ser docuemntos \"construcción permantete\", case que nin existen. Limítanse a garantir a horizontalidade no fluxo de información e a posibilidade de participación.

PORTUGALIZA: 
Calquera actividade movimentaria que pretenda a superación do capitalismo realmente existente necesita artellar redes de comunicación. Neste senso as novas tecnoloxías ofrecen unha potencialidade descoñecida ata o de agora. Entendo que o CMI Portugaliza surxe en certa medida de estas cuestións.

CONSENSOS/ STATUS 
Non entendo o que se pretende neste punto. Non creo que se trate de reabrir os temas consensuados, consenso do que ademáis podería participar. en canto as discusións que figuran como abertas: a financiación e a representación do CMI, como quera que non sei onde e como se atopa o proceso deliberativo éme difícil aportar nada.

Calquera obxección a esta requisición deberá ser exposta na lista con copia á súa conta de correo (pedroiglesias  hotpop.com). Se non hai obxeccións,  Pedro Iglesias será invitado a inscribirse automáticamente na lista pública. 




Mais informações acerca da lista imc-galiza