[CMI Galiza] [Fwd: Encontro, propostas, etc]
Javier
javier sindominio.net
Domingo, 6 de Fevereiro de 2005 - 11:30:10 PST
Olá!
> - As datas que propón Javier para o encontro en ferrol parécenme ben, e
> entendo convinte que sexa a mesma xente de Artábria a que fixe a data
> exacta.
Por min ben
> - Hai por ahí un pequeno documental que creo que se titula _El Ojo de la
> tormenta_, ou algo polo estilo, que creo que de dispor dos medios
> técnicos necesarios, poderiámolo empregar nos encontros a modo de
> introducción a Indymedia. Sei que hai alo menos dúas versións, unha en
> castelán-inglés e outra só en portugués. A min perosoalmente mólame máis
> a primeira, em parte por ser a versión orixinal e em parte porque a
> traducción ao portugués quedoulhes un chisco cutre. Buscando nos
> arquivos da lista poderedes atopar ambas versións. A versión en
> castelán-inglés esta, por exemplo aquí:
> http://www.sindominio.net/afe/dos_mediactivismo/ojotormenta2.wmv
Interesante!
> - A proposta de Javier para permitir maior participación dos movementos
> na publicación de destaques e editoriais non a acabo de entender.
> ¿Trátase de dividir a publicación aberta en dúas, unha destinada aos MS
> e outra para o resto de contidos?
Nom, é unicamente amosar a "ferramenta" dun xeito participativo, para
as persoas e os colectivos. Únicamente é por un apartado esplicativo na
sección "Participa!" para animar aos colectivos a publicar novas e enviar
propostas de editoriais e destaques; ista situación tense dado xa de
facto, pero asi fica claramente aberta para todos os colectivos sociais.
> Creo que, de ser así, únicamente
> introduciriamos unha maior complexidade na publicación aberta, que
> posiblemente provocaría que as novas subiríanse a unha publicación
> aberta ou a outra sen distinción, obligando a un maior trabalho de
> reordenación por parte do colectivo editorial. Quizáis a posibilidade
> sexa a de manter o funcionamento actual da publicación aberta e subir as
> editoriais e destaques aportados polos MS reseñando a súa orixe na
> cabeceira.
O funcionamento práctico que penso poderiamos usas para xestionar estas
aportacions de editoriais ou destaques é o que comentas.
-> O PROBLEMA: teremos que ter unha serie de criterios... xa xurdiran
problemas e veremos como arranxalos, non?
Ate logo!
--
Javier Palacios Moradillo
CSA "A Cova dos Ratos": 986 - 49 33 81
Romil 3 baixo, Vigo - Galiza
(((i))) galiza.indymedia.org
Mais informações acerca da lista imc-galiza