[CMI Galiza] [Fwd: Encontro, propostas, etc]

Pedro pirgez icmail.net
Domingo, 6 de Fevereiro de 2005 - 06:48:07 PST


Hola.

Estes días estiven con problemas no correo electrónico que ao final 
solucionei polas bravas. Abrín unha nova conta e mandei a outra ao 
caralho. Así que esta mensaxe ten, neste senso, bastante de proba.

- As datas que propón Javier para o encontro en ferrol parécenme ben, e 
entendo convinte que sexa a mesma xente de Artábria a que fixe a data 
exacta.

- Hai por ahí un pequeno documental que creo que se titula _El Ojo de la 
tormenta_, ou algo polo estilo, que creo que de dispor dos medios 
técnicos necesarios, poderiámolo empregar nos encontros a modo de 
introducción a Indymedia. Sei que hai alo menos dúas versións, unha en 
castelán-inglés e outra só en portugués. A min perosoalmente mólame máis 
a primeira, em parte por ser a versión orixinal e em parte porque a 
traducción ao portugués quedoulhes un chisco cutre. Buscando nos 
arquivos da lista poderedes atopar ambas versións. A versión en 
castelán-inglés esta, por exemplo aquí: 
http://www.sindominio.net/afe/dos_mediactivismo/ojotormenta2.wmv

- A proposta de Javier para permitir maior participación dos movementos 
na publicación de destaques e editoriais non a acabo de entender. 
¿Trátase de dividir a publicación aberta en dúas, unha destinada aos MS 
e outra para o resto de contidos? Creo que, de ser así, únicamente 
introduciriamos unha maior complexidade na publicación aberta, que 
posiblemente provocaría que as novas subiríanse a unha publicación 
aberta ou a outra sen distinción, obligando a un maior trabalho de 
reordenación por parte do colectivo editorial. Quizáis a posibilidade 
sexa a de manter o funcionamento actual da publicación aberta e subir as 
editoriais e destaques aportados polos MS reseñando a súa orixe na 
cabeceira.

- O tema da cartografía despertou un interese nada sorprendente neste 
pais do minifundio, onde a xente segue morrendo e matando por mover os 
marcos no monte. Se tal o comento na web.

Saúdos,

Pedro




-- 
No virus found in this outgoing message.
Checked by AVG Anti-Virus.
Version: 7.0.300 / Virus Database: 265.8.5 - Release Date: 03/02/2005




Mais informações acerca da lista imc-galiza