[CMI Galiza] Proposta editorial sobre o consumo

javier javier sindominio.net
Terça-Feira, 29 de Novembro de 2005 - 05:42:02 PST


Ao caron da convocatoria do magosto...
Proponho sacar como editorial (mola remodelar a portada)
o panfleto que vaise sacar...

¿Que vos parece?
Logo poderimamos compretalo um pouco co "dia sem compras", pese a estar
"pasado", nom pasa nunca...
:)


Consomes, consómente...ou consómeste?

O consumo é inevitábel hoxe en día. As cidades convertéronse en grandes
centros comerciais e esta sociedade practicamente impide que poidamos
satisfacer as nosas necesidades materiais á marxe do circuito comercial.

O sistema de produción e comercialización atópase nunha fase de
desenvolvemento tan grande que xenera unha competencia brutal entre
empresas na búsqueda do máximo beneficio a calquera coste e que ten coma
consecuencia o aumento das desigualdades dentro da nosa sociedade, e,
entre países desenvolvidos (consumidores-explotadores de recursos) e os
"en vías de desenvolvemento" (produtores-explotados).

Cada día arredor de mil mensaxes publicitarias incítannos a mercar
cousas que non precisamos, sen reflexionar nos impactos ou prexuízos que
poidan causarse ao medio ambiente, a outras culturas, a persoas, ou ao
resto dos animais. Unha publicidade baseada en ideas tan falsas como que
a felicidade depende da adquisición de bens, adquisición que produce
unha
“cidadanía feliz” consumidora de todo tipo de produtos desde a infancia
até ao final dos seus días.

Hoxe todo é un deses produtos de consumo (e consumir quere dicir tanto
utilizar como destruír): viaxes, votos, saúde, auga, felicidade, sexo,
seguridade, investimentos, deportes, aventuras, dereitos, nenos,
mulleres, animais, patentes sobre a vida e a natureza ...

Nunha sociedade na que mercamos para mellorar a autoestima, para ser
persoas admiradas, envexedas ou desexadas, a capacidade para consumir é
o que determina a existencia e o prestixio social.

Contra isto, nós queremos reivindicar unha cultura do consumo
responsábel, crítico e xusto, salvagardando os valores éticos, sociais e
medioambientais. Para conquerir entre todas un mundo máis xusto, cun
maior respecto pola natureza e a vida, e cun reparto máis equitativo da
riqueza (lembremos que o 84% dos recursos é utilizado polo 16% da
poboación mundial).

Un dos sectores máis indefensos fronte á publicidade é a infancia. Esta
vese arrastrada cara ao consumismo e á perpetuación dos valores
negativos desta sociedade desde que comeza a consumir (sobre todo
xoguetes):

Se te gusta vivir, por qué xogar a matar?
O xoguete pode contribuír a difundir valores moi negativos na sociedade
coma son o sexismo, o belicismo e o consumismo; ademais de ser vehículo
de prexuízos.
O xoguete bélico inicia na vida militarista inculcando na infancia
hábitos de connotacións sexistas. A finalidade é que os nenos valoren a
forza, o valor e a dureza, mentres que para as nenas se fomenta a
febleza (enmascarada de delicadeza) e a submisión, por exemplo, con
bonecas coas que á parte de mercarlle vestidos, só poden coidar as súas
“casiñas” e
facer “pasteliños” nas súas “cociniñas” (a linguaxe da publicidade é un
factor sexista fundamental) e cando esas bonecas non están atrapadas
nesas "casiñas", convértense nun obxecto sexual, mesmo nenas-muller que
teñen que estar “guapas” (maquillaxe, xoias..) pero pasivas (agardando
que
alguén as invite a saír), etc.

Os xoguetes bélicos non son educativos, ocultan a verdadeira causa da
violencia social que é a inxustiza e non mostran as consecuencias
irreparábeis das guerras. Serven para lexitimar as institucións máis
agresivas do estado como o exército, a policía ou o cárcere.

Tampouco ten sentido que se empreguen os xoguetes violentos e
destrutivos para que os nenos e as nenas descarguen a agresividade: A
tensión física pode ser canalizada a actividades baseadas no movemento
corporal e a verdadeira agresividade precisa dun tratamento coidado e
positivo.

O xoguete como base do desenvolvemento infantil debe cumprir dous
requisitos: 
- Ser vehículo da expresión da súa emotividade, imaxinación e estado de
ánimo.
- Ser instrumento de aprendizaxe de comportamentos sociais.


-- 
Javier Palacios Moradillo

Chave pública GnuPG para unha maior privacidade:
http://www.sindominio.net/~javier/javier.gpg
ID da chave: BB889DFD
Pegada dixital: 14A5 F00A 4CDA 1974 99D0  A154 7EA2 5C09 BB88 9DFD




Mais informações acerca da lista imc-galiza