[CMI Galiza] editorial... ¿alguén pode continuar?
mundus bluewin.ch
mundus bluewin.ch
Terça-Feira, 8 de Agosto de 2006 - 11:02:55 PDT
Aqui vai o texto que venho de rematar a toda presa. Pilhei info da
msg que nos enviarom à lsita há um rato (15.000 e nom 10.000 has. por
exemplo) e que vai engadido cá embaixo. Nom sei se pagaria mudar o
Emergência: arde Galiza por um LUME NUNCA MAIS! Enfim, vós diredes.
Abraços,
Mundo.
Emergência: arde Galiza!
Segundo datos da Conselharia de Méio Rural, nos últimos 6 dias
queimarom-se na Galiza mais de 15.000 hectáreas, o que convirte o mes
nestes momentos nos nossos montes. A dimensom incontrolada que estam
a tomar os incêndios avivados polo vento desborda a capacidade dos
méios de extinçom de que disponhem as administraçons e mais umha vez
tenhem que ser +s própri+s vizinh+s quem, fazendo uso dos precários
méios ao seu dispôr, se auto-organizam para fazer fronte ao lume que,
aliás de destruír o património ecológico, ameaza já as suas próprias
vivendas.
Nom cabe dúvida de que a inmensa maioria dos lumes som
intencionados e moitos de eles evidenciam um grado de planificaçom e
coordinaçom próprios de umha intencionalidade delictiva. Os focos
aparecem simultaneamente, em lugares de difícil accesso e
aproveitando as condiçons de vento e vegetaçom que dificultam as
actuaçons dos grupos de extinçom, queimado assi a maior superfície
posível.
E porém, um ano após outro seguimos sem saber quem som os culpáveis
de semelhante ecocídio e a quales som interesses que se agocham tras
de esta queima incontrolada. Chegou o momento de umha mobilizaçom
política em todo o país que impulse a clarificaçom de
responsabilidades; as responsabilidades penais, evidentemente; mas
também as responsabilidades políticas que se estam a derivar da
negligência do governo. A marge que antano conferia ao Governo de
Tourinho o benefício da dúvida, hogano e desleixo face à ciudadania e
um risco ecológico gravissimo.
Nos últimos dias estamos tenhem-se posto em marcha discursos
exculpatórios e mistificadores. Porém, a velha propaganda fraguista
ou a excepcionalidade da situaçom nom nos deveriam fazer perder de
vista o enjuiciamento crítico de umhas responsabilidades que aumentam
com cada metro queimado. Polo demais, umha reorientaçom de recursos
nom só é possível, embora urgente para que Galiza nom se convirta no
paraiso das catástrofes naturais.
Toda a solidariedade que poida impulsar a auto-organizaçom e
mobilizaçom social (um feito já demostrado na práctica até extremos
tam impressionantes como quando o Prestige) deve ter o seu correlato
na esigência de responsabilidades face a um governo com importantes
alianças partidistas a nível estatal. Em momentos de crise como os
actuais, cómpre voltar a vista às experiências recentes do movimento,
reinventar a política desde abaixo, apropriar-se mais umha vez da
rua. LUME NUNCA MAIS!
VIDEOS
Arde o
Morrazo co lume forestal"
Galicia en
llamas
Arde
Vilagarcía
Arde o
Monte en Galicia
CONCENTRACIÓNS - MÉRCORES 9 AGOSTO
COMPOSTELA || A
CORUNHA
Como imaxen tinha pensada a adxunta. O enlace seguinte é á imaxen
en alta resolución (impactante):
http://earthobservatory.nasa.
gov/NaturalHazards/Archive/Aug2006/Portugal_TMO_2006219_lrg.jpg
Segundo datos da Conselhería de Medio Rural, arderon xa 15.000
hectáreas de monte, o que convertiu xa a este mes de agosto no peor
dende 1989. Non cabe dúbida de que o fenómeno dos incendios forestais
na Galiza ten moito que ver co desmantelemanto forzoso do agro
galego, e que son necesárias políticas públicas orientadas á posta en
valor dos nosos recursos forestais... necesárias pero non suficientes
para impedir que o noso monte siga ardendo.
Sabíamos que nun 85% dos casos o lume é provocado por causas
socioeconómicas, mais este ano está a evidenciarse o que se viña
ocultando até agora: os focos aparecen simultáneamente, en lugares de
difícil acceso e aproveitando as condicións de vento e vexetación
para dificultar as actuacións dos grupos de extinción e queimar a
maior superficie posíbel. A inmensa maioría dos lumes son resultado
de tal capacidade de planificación e coordenación que se fai evidente
a existenza dun entramado financieiro e organizativo que decide onde
e canto hai que queimar. Quen está detrás do lume entón?
É certo que estamos en lúa chea e tal mais... iso non quita que as
áreas onde está ardendo máis o monte sexan xustamente aquelas onde
sabemos que está habendo procesos de marbellización da costa, de
expansión inmobiliaria nos arredores das nosas cidades, de
expropiación de terreos para construir autovías e polígonos
industriais, de asfaltado da costa, de entubamento de ríos e
fervenzas ou de venta por metro cúbico do aire que respiramos.
Sabíamos que estamos a ser colonizados polo capitalismo global; o
fenómeno dos incéndios forestais está a sinalar cal é o axente
patóxeno desta colonización no noso caso: as grandes corporacións
financieiras, enerxéticas e inmobiliarias que operan no mercado
español, en particular aquelas que máis se benefician da contratación
pública galega.
Deixará de ser rentabel queimar o monte cando se impida licitar ou
executar calquera obra pública ou privada nas áreas queimadas durante
os decenios precisos para a súa rexeneración, que ademais debería
facerse con espécies autóctonas. Esa é a tarefa urxente que debe
asumir o goberno galego, ademais de xestionar os medios precisos para
apagar o lume. E a longo prazo: máis innovación e menos cemento; ao
mellor esa é a chave que permite fechar a porta dos incendios
forestais dunha vez e para sempre.
Pola nosa parte, a cidadanía, os movementos sociais, os
altermedia... debemos escoller: ou loitamos ou emigramos; ou saímos á
rúa ou acabarán vindo a por nós. Ou seguimos teimando en adicarnos ao
cotilleo partidário e pelexar entre nós, ou decidimonos a parar ou
alomenos a entorpecer este proceso de colonización. Que non lles saia
rentabel, que prefiran ir a outro sitio, que lles sexamos
incómodos... rebelión e desobediéncia, transgresión, manifestacións,
pintadas, webs, cartaces, boicots... por suposto! pero non sen
intelixéncia emocional, non sen a irmandade e a fraternidade que nos
manteña conectados coa natureza da que formamos parte e que por iso
temos a necesidade de protexer.
Conselharía de Meio Rural
http://mediorural.xunta.es/
15.000 hectáreas
http://mediorural.xunta.es/forestal/Datos_incendios/index.php
85% dos casos
http://iacobus.usc.es/search*gag/Yincendios+forest%7B226%
7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D/Yincendios+forest%7B226%
7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D&extended=0/1%2C32000%2C32000%
2CB/browse
desmantelamento forzoso
http://www.usc.es/econo/RGE/Vol.9_1/Galego/O%20sector%20agr%E1rio%
20galego%20%E1s%20portas%20do%20s%E9culo%20XXI....pdf
políticas públicas
http://mediorural.xunta.es/proxectos/index.php?id_pr=99
cotilleo partidário
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/7878.shtml
por favor
http://www.xunta.es/periodico/prestige/notas.htm
o fagan ben
http://www.unvolunteers.
org/Infobase/articles/2002/02_05_21IDN_wssd_fr.htm
arredores das nosas cidades
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?
CAT=39094&TEXTO=5001807&idioma=galego
marbellización
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?
CAT=39094&TEXTO=5001809&idioma=galego
máis innovación e menos cemento
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50404
Mais informações acerca da lista imc-galiza