[CMI Galiza] Mensagem enviada por ti

formulario indymedia.org formulario indymedia.org
Terça-Feira, 8 de Agosto de 2006 - 09:42:49 PDT


MENSAGEM enviada por ti (este  aquel.net) 
---------------------------------------------------------------------------

Segundo datos da Conselhería de Medio Rural, arderon xa 15.000 hectáreas de monte, o que convertiu xa a este mes de agosto no peor dende 1989. Non cabe dúbida de que o fenómeno dos incendios forestais na Galiza ten moito que ver co desmantelemanto forzoso do agro galego, e que son necesárias políticas públicas orientadas á posta en valor dos nosos recursos forestais... necesárias pero non suficientes para impedir que o noso monte siga ardendo. 

Sabíamos que nun 85% dos casos o lume é provocado por causas socioeconómicas, mais este ano está a evidenciarse o que se viña ocultando até agora: os focos aparecen simultáneamente, en lugares de difícil acceso e aproveitando as condicións de vento e vexetación para dificultar as actuacións dos grupos de extinción e queimar a maior superficie posíbel. A inmensa maioría dos lumes son resultado de tal capacidade de planificación e coordenación que se fai evidente a existenza dun entramado financieiro e organizativo que decide onde e canto hai que queimar. Quen está detrás do lume entón?

É certo que estamos en lúa chea e tal mais... iso non quita que as áreas onde está ardendo máis o monte sexan xustamente aquelas onde sabemos que está habendo procesos de marbellización da costa, de expansión inmobiliaria nos arredores das nosas cidades, de expropiación de terreos para construir autovías e polígonos industriais, de asfaltado da costa, de entubamento de ríos e fervenzas ou de venta por metro cúbico do aire que respiramos. Sabíamos que estamos a ser colonizados polo capitalismo global; o fenómeno dos incéndios forestais está a sinalar cal é o axente patóxeno desta colonización no noso caso: as grandes corporacións financieiras, enerxéticas e inmobiliarias que operan no mercado español, en particular aquelas que máis se benefician da contratación pública galega.

Deixará de ser rentabel queimar o monte cando se impida licitar ou executar calquera obra pública ou privada nas áreas queimadas durante os decenios precisos para a súa rexeneración, que ademais debería facerse con espécies autóctonas. Esa é a tarefa urxente que debe asumir o goberno galego, ademais de xestionar os medios precisos para apagar o lume. E a longo prazo: máis innovación e menos cemento; ao mellor esa é a chave que permite fechar a porta dos incendios forestais dunha vez e para sempre.

Pola nosa parte, a cidadanía, os movementos sociais, os altermedia... debemos escoller: ou loitamos ou emigramos; ou saímos á rúa ou acabarán vindo a por nós. Ou seguimos teimando en adicarnos ao cotilleo partidário e pelexar entre nós, ou decidimonos a parar ou alomenos a entorpecer este proceso de colonización. Que non lles saia rentabel, que prefiran ir a outro sitio, que lles sexamos incómodos... rebelión e desobediéncia, transgresión, manifestacións, pintadas, webs, cartaces, boicots... por suposto! pero non sen intelixéncia emocional, non sen a irmandade e a fraternidade que nos manteña conectados coa natureza da que formamos parte e que por iso temos a necesidade de protexer.

---

Conselharía de Meio Rural
http://mediorural.xunta.es/

15.000 hectáreas
http://mediorural.xunta.es/forestal/Datos_incendios/index.php

85% dos casos
http://iacobus.usc.es/search*gag/Yincendios+forest%7B226%7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D/Yincendios+forest%7B226%7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D&extended=0/1%2C32000%2C32000%2CB/browse

desmantelamento forzoso
http://www.usc.es/econo/RGE/Vol.9_1/Galego/O%20sector%20agr%E1rio%20galego%20%E1s%20portas%20do%20s%E9culo%20XXI....pdf

políticas públicas
http://mediorural.xunta.es/proxectos/index.php?id_pr=99

cotilleo partidário
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/7878.shtml

por favor
http://www.xunta.es/periodico/prestige/notas.htm 

o fagan ben
http://www.unvolunteers.org/Infobase/articles/2002/02_05_21IDN_wssd_fr.htm

arredores das nosas cidades
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=39094&TEXTO=5001807&idioma=galego
 
marbellización
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=39094&TEXTO=5001809&idioma=galego

máis innovación e menos cemento
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50404


------- << FIM DA MENSAGEM <<< ---

Síntete libre de respostar a esta mensagem. Lembra facelo também con cópia á lista para evitar solapamentos. 




Mais informações acerca da lista imc-galiza