[CMI Galiza] editorial... ¿alguén pode continuar?
Pedro pirgez gmail.com
Quarta-Feira, 9 de Agosto de 2006 - 01:58:52 PDT
Cambio o texto da editorial polo de Mundo. Deixo na portada os dous
primeiros párrafos e o resto no artigo.
mundus  bluewin.ch escribió:
> Aqui vai o texto que venho de rematar a toda presa. Pilhei info da
> msg que nos enviarom à lsita há um rato (15.000 e nom 10.000 has. por
> exemplo) e que vai engadido cá embaixo. Nom sei se pagaria mudar o
> Emergência: arde Galiza por um LUME NUNCA MAIS! Enfim, vós diredes.
> Abraços,
> Mundo.
> Emergência: arde Galiza!
> Segundo datos da Conselharia de Méio Rural, nos últimos 6 dias
> queimarom-se na Galiza mais de 15.000 hectáreas, o que convirte o mes
> nestes momentos nos nossos montes. A dimensom incontrolada que estam
> a tomar os incêndios avivados polo vento desborda a capacidade dos
> méios de extinçom de que disponhem as administraçons e mais umha vez
> tenhem que ser +s própri+s vizinh+s quem, fazendo uso dos precários
> méios ao seu dispôr, se auto-organizam para fazer fronte ao lume que,
> aliás de destruír o património ecológico, ameaza já as suas próprias
> vivendas.
> Nom cabe dúvida de que a inmensa maioria dos lumes som
> intencionados e moitos de eles evidenciam um grado de planificaçom e
> coordinaçom próprios de umha intencionalidade delictiva. Os focos
> aparecem simultaneamente, em lugares de difícil accesso e
> aproveitando as condiçons de vento e vegetaçom que dificultam as
> actuaçons dos grupos de extinçom, queimado assi a maior superfície
> posível.
> E porém, um ano após outro seguimos sem saber quem som os culpáveis
> de semelhante ecocídio e a quales som interesses que se agocham tras
> de esta queima incontrolada. Chegou o momento de umha mobilizaçom
> política em todo o país que impulse a clarificaçom de
> responsabilidades; as responsabilidades penais, evidentemente; mas
> também as responsabilidades políticas que se estam a derivar da
> negligência do governo. A marge que antano conferia ao Governo de
> Tourinho o benefício da dúvida, hogano e desleixo face à ciudadania e
> um risco ecológico gravissimo.
> Nos últimos dias estamos tenhem-se posto em marcha discursos
> exculpatórios e mistificadores. Porém, a velha propaganda fraguista
> ou a excepcionalidade da situaçom nom nos deveriam fazer perder de
> vista o enjuiciamento crítico de umhas responsabilidades que aumentam
> com cada metro queimado. Polo demais, umha reorientaçom de recursos
> nom só é possível, embora urgente para que Galiza nom se convirta no
> paraiso das catástrofes naturais.
> Toda a solidariedade que poida impulsar a auto-organizaçom e
> mobilizaçom social (um feito já demostrado na práctica até extremos
> tam impressionantes como quando o Prestige) deve ter o seu correlato
> na esigência de responsabilidades face a um governo com importantes
> alianças partidistas a nível estatal. Em momentos de crise como os
> actuais, cómpre voltar a vista às experiências recentes do movimento,
> reinventar a política desde abaixo, apropriar-se mais umha vez da
> rua. LUME NUNCA MAIS!
> VIDEOS
Arde o
> Morrazo co lume forestal"
Galicia en
> llamas
Arde
> Vilagarcía
Arde o
> Monte en Galicia
> CONCENTRACIÓNS - MÉRCORES 9 AGOSTO
>> COMPOSTELA || >
> href="http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/7887.shtml">A
> CORUNHA
> Como imaxen tinha pensada a adxunta. O enlace seguinte é á imaxen
> en alta resolución (impactante):
> http://earthobservatory.nasa.
> gov/NaturalHazards/Archive/Aug2006/Portugal_TMO_2006219_lrg.jpg
> Segundo datos da Conselhería de Medio Rural, arderon xa 15.000
> hectáreas de monte, o que convertiu xa a este mes de agosto no peor
> dende 1989. Non cabe dúbida de que o fenómeno dos incendios forestais
> na Galiza ten moito que ver co desmantelemanto forzoso do agro
> galego, e que son necesárias políticas públicas orientadas á posta en
> valor dos nosos recursos forestais... necesárias pero non suficientes
> para impedir que o noso monte siga ardendo.
> Sabíamos que nun 85% dos casos o lume é provocado por causas
> socioeconómicas, mais este ano está a evidenciarse o que se viña
> ocultando até agora: os focos aparecen simultáneamente, en lugares de
> difícil acceso e aproveitando as condicións de vento e vexetación
> para dificultar as actuacións dos grupos de extinción e queimar a
> maior superficie posíbel. A inmensa maioría dos lumes son resultado
> de tal capacidade de planificación e coordenación que se fai evidente
> a existenza dun entramado financieiro e organizativo que decide onde
> e canto hai que queimar. Quen está detrás do lume entón?
> É certo que estamos en lúa chea e tal mais... iso non quita que as
> áreas onde está ardendo máis o monte sexan xustamente aquelas onde
> sabemos que está habendo procesos de marbellización da costa, de
> expansión inmobiliaria nos arredores das nosas cidades, de
> expropiación de terreos para construir autovías e polígonos
> industriais, de asfaltado da costa, de entubamento de ríos e
> fervenzas ou de venta por metro cúbico do aire que respiramos.
> Sabíamos que estamos a ser colonizados polo capitalismo global; o
> fenómeno dos incéndios forestais está a sinalar cal é o axente
> patóxeno desta colonización no noso caso: as grandes corporacións
> financieiras, enerxéticas e inmobiliarias que operan no mercado
> español, en particular aquelas que máis se benefician da contratación
> pública galega.
> Deixará de ser rentabel queimar o monte cando se impida licitar ou
> executar calquera obra pública ou privada nas áreas queimadas durante
> os decenios precisos para a súa rexeneración, que ademais debería
> facerse con espécies autóctonas. Esa é a tarefa urxente que debe
> asumir o goberno galego, ademais de xestionar os medios precisos para
> apagar o lume. E a longo prazo: máis innovación e menos cemento; ao
> mellor esa é a chave que permite fechar a porta dos incendios
> forestais dunha vez e para sempre.
> Pola nosa parte, a cidadanía, os movementos sociais, os
> altermedia... debemos escoller: ou loitamos ou emigramos; ou saímos á
> rúa ou acabarán vindo a por nós. Ou seguimos teimando en adicarnos ao
> cotilleo partidário e pelexar entre nós, ou decidimonos a parar ou
> alomenos a entorpecer este proceso de colonización. Que non lles saia
> rentabel, que prefiran ir a outro sitio, que lles sexamos
> incómodos... rebelión e desobediéncia, transgresión, manifestacións,
> pintadas, webs, cartaces, boicots... por suposto! pero non sen
> intelixéncia emocional, non sen a irmandade e a fraternidade que nos
> manteña conectados coa natureza da que formamos parte e que por iso
> temos a necesidade de protexer.
> Conselharía de Meio Rural
> http://mediorural.xunta.es/
> 15.000 hectáreas
> http://mediorural.xunta.es/forestal/Datos_incendios/index.php
> 85% dos casos
> http://iacobus.usc.es/search*gag/Yincendios+forest%7B226%
> 7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D/Yincendios+forest%7B226%
> 7Dais+galicia&searchscope=1&SORT=D&extended=0/1%2C32000%2C32000%
> 2CB/browse
> desmantelamento forzoso
> http://www.usc.es/econo/RGE/Vol.9_1/Galego/O%20sector%20agr%E1rio%
> 20galego%20%E1s%20portas%20do%20s%E9culo%20XXI....pdf
> políticas públicas
> http://mediorural.xunta.es/proxectos/index.php?id_pr=99
> cotilleo partidário
> http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/7878.shtml
> por favor
> http://www.xunta.es/periodico/prestige/notas.htm
> o fagan ben
> http://www.unvolunteers.
> org/Infobase/articles/2002/02_05_21IDN_wssd_fr.htm
> arredores das nosas cidades
> http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?
> CAT=39094&TEXTO=5001807&idioma=galego
> marbellización
> http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?
> CAT=39094&TEXTO=5001809&idioma=galego
> máis innovación e menos cemento
> http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50404
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
Pedro (pirgez(a)gmail.com)
GPG Key http://pgp.rediris.es:11371/pks/lookup?op=get&search=0x7794A9C6
Key fingerprint = 9BB6 443E 681C A2FE C975 A122 1F48 E261 7794 A9C6
Mais informações acerca da lista imc-galiza