[CMI Galiza] Operación estética
Pedro
pirgez gmail.com
Sexta-Feira, 25 de Agosto de 2006 - 10:34:12 PDT
Parece que o dos lumes está máis que acabado, e é que en iso de
desactivar non hai como ter experiencia. Así que se ninguén berra volvo
a por as cores orixinais este finde. O que non sei é que facer co logo
de Lumes Nunca Máis. ¿deixámolo ou devolvemos a bandeira de NUNCA MÁIS
ao seu lugar?¿ou pomos outra cousa?¿e se aproveitamos e facemos algo co
cabalo da encantada?... Creo que javi estaba a currarse un listado de
enlaces a centros sociais para por nalgunha das columnas laterais...
Por outra banda está a proposta de enlazar o orixinal a esta ligazón,
que foi a última proposta asamblearia para nunca máis (e que aínda non
obtivo resposta)
http://galiza.indymedia.org/pt/2004/11/743.shtml
Non sei como o vedes...
eu case que sería partidario de cambiar a bandeira de nunca máis polo
listado de centros sociais e buscar algo para sustituir o cabalo (non
moi longo, para non botar demasiado abaixo a publicación aberta, por iso
desestimo o por aquí a lista de enlaces). Polo de agora deixo o logo dos
lumes.
saúdos
--
Pedro (pirgez(a)gmail.com)
GPG Key http://pgp.rediris.es:11371/pks/lookup?op=get&search=0x7794A9C6
Key fingerprint = 9BB6 443E 681C A2FE C975 A122 1F48 E261 7794 A9C6
Mais informações acerca da lista imc-galiza