[CMI Galiza] convocatorias

pedro pirgez gmail.com
Quarta-Feira, 13 de Dezembro de 2006 - 11:24:21 PST


Olá,
en principio o procedemento "aceptado" para este tipo de cousas
(propostas de editoroiais, borrado de novas, movementos de novas entre
columnas, etc.)  é, en resume, o seguinte:
1. Proposta a lista
2. Discusión-consenso
3. Aceptación.
4. Materialización do troco e aviso á lista.

A inmensa maioría das veces non hai problemas e os trocos propostos
materialízanse. É máis, na maioría dos casos, amparados na posibilidade
de correxir o que se fixo, estamos a facer os trocos avisando á lista
sen agardar.

O xeito de "materializar os trocos" é bastante sinxelo, mais algo
complicado de contar nun correo. Para explicar isto, entre outras
cousas, era para o que propoñía javi facer un encontro. Mentres tanto
verei de sacar algo de tempo para facer un pequeno manual para enviarvos
(non prometo nada) por se o encontro retrásase moito. Mentres tanto,
creo que o mellor é que as popostas as vaiamos materializando entre Javi
e eu.

Unha aperta,
Pedro.

Por certo, que por min valen as propostas. O da marcha a Teixeiro non o
propuxen porque xa está incluido aquí:
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/11/9272.shtml, mais si que pode
resultar mellor sustituir esta pola proposta.

Poi iso...


> Igual falo polo lado que me toca, pero esto:
> http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9463.shtml
>
> pode pasar ao lado de convocatorias, non? Non sei como se fai a
> selección de convocatorias que pasan a ese lateral, pero como na outra
> convocatoria (Marcha á Lama) sí que estivo nese lugar, quería asegurarme
>
> Por outra banda, adxunto aqui as outras convocatorias que vexo
> publicadas na columna de "autopublicación" e que son convocatorias pero
> non están nese lateral, e xa me comentades cómo se decide cales van e
> cales non!
> http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9480.shtml
> http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9478.shtml
> http://galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9472.shtml
>
> Bicos a todo o mundo
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>   


-- 
Pedro (pirgez(a)gmail.com)

GPG Key http://pgp.rediris.es:11371/pks/lookup?op=get&search=0x7794A9C6

Key fingerprint = 9BB6 443E 681C A2FE C975 A122 1F48 E261 7794 A9C6




Mais informações acerca da lista imc-galiza