[CMI Galiza] Mensagem enviada por Proxecto Palabras +/ Luz Darriba
formulario indymedia.org
formulario indymedia.org
Sábado, 11 de Novembro de 2006 - 10:58:21 PST
MENSAGEM enviada por Proxecto Palabras +/ Luz Darriba (proyectopalabrasmas yahoo.es)
---------------------------------------------------------------------------
Proxecto PALABRAS +
Palabras + é un novo proxecto que artista Luz Darriba* levará a cabo o día 24 de novembro a partir das 10.00 hs., na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, en conmemoración do Día Internacional pola Non Violencia cara ás Mulleres, có patrocinio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Como noutras oportunidades a artista abordará o problema de xénero a partir da intervención do espazo público. A diferenza doutros traballos realizados en torno a este día (Patchwork, 2004, Luva Negra, Luva Branca, 2005), a denuncia será reemplazada pola creación de significados afirmativos que estudantes de ensino medio de toda Galicia e persoas en xeral que queiran participar do evento, representarán cos seus propios corpos nun inmenso crucigrama, formando letras e construíndo un total de 25 palabras.
Deste xeito, Palabras + ten como obxectivo central reelaborar nocións, definicións, sentidos e sumalos aos xa existentes coa finalidade de brindar novos conceptos plurais, concretos e simbólicos á realidade. Entre as palabras máis destacadas do crucigrama humano xigante figuran: amor, compromiso, liberdade, empatía, confianza, feminidade, masculinidade, paz, etc.
O seu propósito último será que estas definicións articuladas desde a concordancia e o pluralismo cobren importancia e reclamen atención sobre os sentimentos humanos e as actitudes positivas que propician a equidade entre homes e mulleres.
As definicións que aporte cada persoa serán incorporadas nun catálogo-libro, xunto ás súas respectivas referencias de autoría e formarán parte do material de análise e traballo de estudantes de toda Galicia.
*Luz DARRIBA (luzdarriba.com), artista plástica multidisciplinar, naceu en Uruguay, formouse en Arxentina, vive e traballa en España desde 1990. realizou máis de 250 exposicións colectivas, 40 individuais e recibido máis de 50 distincións internacionais.
Creadora de macroproxectos como \"Cumulum\", (muralla de Libros, 650.000 libros ao redor da Muralla Romana de Lugo, abril a setembro de 2000),\"Unha Porta cara á Cultura\" (envoltura con 40.000 libros da Porta de Alcalá, Madrid 2001) e “Libres avec deas libres” na Maison de UNESCO, Paris, entre outros. Entre as súas recentes traballos en torno á problemática de xénero figuran \"Proxecto Sherezade\" (montaxe poética, Museo Provincial de Lugo, 2002),\"Prince Charming\" (setembro, 2004 en Galería José San Lorenzo, Santiago de Compostela, http://www.lafresa.org bits.lafresa.org). Este último consta de dezaseis fotomontaxes cuxa temática constitúe un alegado contra a violencia física cara ás mulleres. Proxecto Pachtwork “Farrapos pola non violencia contra as mulleres”, Pza. do Obradoiro, cubriu cun alfombra de 8000 metros cadrados esa emblemática praza, Santiago de Compostela, 2004. O 8 de marzo de 2005, en conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, realizou unha acción na que cambiou o nome a 56 rúas do casco histórico de Lugo por nomes de mulleres esquecidas ou descoñecidas da historia: “As mulleres tomamos as rúas”. “Luva negra, luva branca”, as dúas caras da violencia de xénero, instalación con 30.000 luvas negras e brancos na Praza de Santa María, Lugo, o 25 de novembro de 2005.
Realizou as ilustracións do I Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Lugo e as ilustracións da Revista Virtual de Xénero Foeminas http://foeminas.lugo.es
Proxecto “Sinais” no cal a artista colocou nos semáforos de Rolda da Muralla de Lugo, a representación iconográfica da muller á beira da tradicional e hexemónica figura masculina en conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, 8 de marzo de 2006.
Proxecto Bibliotecas de Babel, 23 de abril de 2006, Lugo, en Conmemoración do Día Internacional do Libro e o 20º aniversario do falecemento do escritor Jorge Luís Borges.
Contacto: luzdarriba hotmail.com
proyectopalabrasmas yahoo.es
------- << FIM DA MENSAGEM <<< ---
Síntete libre de respostar a esta mensagem. Lembra facelo também con cópia á lista para evitar solapamentos.
Mais informações acerca da lista imc-galiza