[CMI Galiza] Proposta editorial
javier
javier sindominio.net
Domingo, 29 de Outubro de 2006 - 13:04:59 PST
> Nom tenho nada na contra, mas gostaria, assi, intra-indymédia fazer
> umha observaçom: às vezes parece que tenha que morrer o hombre branco
> anglo-saxom para que exista um problema político. Seguramente
> deveriamos pensar/deconstruir os próprios ideologemas cos que
> producimos o nosso discurso, nom vos parece? Nom é que me pareza mal
> denunciar o assassinato de Brad Will, o que se passa é que este tem
> direito a ter nome e umha campanha global e os demais ficam anónim+s,
> coma sempre. Quiçás deveriamos ir pensando estas cosas, para ir
> mudando costumes, nom vos parece?
Concordo plenamente, neste caso concrero a importancia radica que tratase
dun compañeiro da indymedia...
mais "todos" os dias caen (ou case caemos) como chinches, mortos ou
apaleados, persoas que poderiamos chamar compañeiras de loita ou cando
menos resistentes ao imperialismo ou que simplemente padecen as
inxustizas...
Traballar a memoria é importante, pero a construcción de
super-heroes-victimas-martires (a ver quen se anima a ir a sacar fotos
agora a oaxaca) non considero que sexa realmente positivo, penso que a
positivización das loitas, a súa humanización e normalización (no senso de
que "loitar" non precisa de iluminadas élites), son tarefas prioritarias,
pero temos que currarnoslo moito maís. Case sempre os movimentos traballan
co victimismo, cos martires e a unha solidariedade humanitaria ongista...
se non mudamos estaremos sempre no lado dos derrotados...
Bom... umhas ideas que se me acabar de pasar pola cabeza!
Saudos!
--
Javier
Mais informações acerca da lista imc-galiza