[CMI Galiza] servidor
Pedro
pirgez riseup.net
Terça-Feira, 24 de Abril de 2007 - 03:38:19 PDT
A ver se explico máis ou menos o que fixen...
O tinglado funciona máis ou menos así...
Estamos empregando dous servidores. Un de producción e outro de
visualización (mirror).
O primeiro deles é o traven (traven.indymedia.org) e alberga toda a
chicha do indy (base de datos, plantillas, etc.). Nel xenérase html
estático que é copiado periódicamente ao servidor de visualización que é
ó que apunta a url galiza.indymedia.org. (o html estático do servidor de
producción pode verse aquí: https://prod.galiza.indymedia.org ).
A copia de arquivos entre servidores realízase mediante o programa rsync
(http://es.wikipedia.org/wiki/Rsync) mediante ssh
(http://es.wikipedia.org/wiki/SSH), que é un protocolo que permite,
entre outras cousas, copiar de xeito seguro datos entre servidores. O
programa crontab (http://en.wikipedia.org/wiki/Crontab) encárgase de
executar o rsync periódicamente.
Pis ben o que fixen foi o seguinte:
1. Copiar no arquivo /home/fugaemre/.ssh/authorized_keys do servidor de
fugaemrede a chave ssh pública o usuario galiza traven.indymedia.org.
Deste xeito, permítese que o usuario galiza do traven non necesite
introducir o passwd cada vez que quera facer ssh ao servidor fugaemrede.info
2. Crear un script do rsync no directorio /home/galiza/bin/ do traven
indicando que se quere sincronizar o directorio /imc/mir/galiza do
traven (onde está po html recén xenerado) co irectorio
/home/fugaemre/public_html/cmi-gz do servidor de fugaemrede
3. Configurar o crontab (mediante o comando crontab -e) do traven para
que se execute o script anterior coa mesma frecuancia que se executa o
script de sincronización co ahimsa (mirror que estamos empregando agora
mesmo), isto é cada 15 min.
4. E creo que nada máis. Tampouco era un trabalho moi trabalhoso...
Quédamos manadar un correo a persoa que leva os dns de indymedia (antes
era unha tal stephanie, suponho que o seguirá levando ela) para que a
dirección galiza.indymedia.org apunte ao novo mirror, pero creo que é
melhor esperar un par de días para comprobar que sicroniza ben e sen
problemas.
Creo que nada máis...
Non sei se quedou moi claro... suponho que non.
Bikos
pedro
Huesi wrote:
> Parabéns Pedro...es unha máquina...
> Agora, senon é moito incordiar: cando me ensinas o que fixeches??? Quero
> aprender!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
> Muases gordos
>
> Pedro escribió:
>
>> Olá
>>
>> Estiven fozando para sincronizar o servidor de producción e o novo
>> maquinilho. Polo de agora funciona (se ben da algún erro de permisos que
>> non dou resolto ¿algúen pode botarlhe un olho?).
>>
>> O resultado clicando por aquí: http://cmi-gz.fugaemrede.info/
>>
>> Se iso, antes de avisar ás do dns para que apunten a dirección
>> galiza.idymedia.org ao novo server, deixámolo uns días de probas a ver
>> que tal funciona...
>>
>> Así que xa temos solucionado o tema...
>>
>>
>>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>
--
Pedro - pirgez(a)riseup.com
GPG Key http://keys.indymedia.org/cgi-bin/lookup?op=get&search=5F00AF62
Fingerprint 6AB7 B3B6 5A02 1A12 0B00 3784 F334 AADB 5F00 AF62
Mais informações acerca da lista imc-galiza