[CMI Galiza] servidor
Huesi
david.bruzos gmail.com
Terça-Feira, 24 de Abril de 2007 - 23:26:48 PDT
Moitas gracias, Pedro, polas explicacións...
Teño que procesar con calma, e ver se me meto nos enlaces explicativos
para ir pillando o tema... Según vaia investigando, se teño dúbidas
escribo...
Mil muases e graciñas de novo
Pedro escribió:
> A ver se explico máis ou menos o que fixen...
>
> O tinglado funciona máis ou menos así...
> Estamos empregando dous servidores. Un de producción e outro de
> visualización (mirror).
>
> O primeiro deles é o traven (traven.indymedia.org) e alberga toda a
> chicha do indy (base de datos, plantillas, etc.). Nel xenérase html
> estático que é copiado periódicamente ao servidor de visualización que é
> ó que apunta a url galiza.indymedia.org. (o html estático do servidor de
> producción pode verse aquí: https://prod.galiza.indymedia.org ).
>
> A copia de arquivos entre servidores realízase mediante o programa rsync
> (http://es.wikipedia.org/wiki/Rsync) mediante ssh
> (http://es.wikipedia.org/wiki/SSH), que é un protocolo que permite,
> entre outras cousas, copiar de xeito seguro datos entre servidores. O
> programa crontab (http://en.wikipedia.org/wiki/Crontab) encárgase de
> executar o rsync periódicamente.
>
> Pis ben o que fixen foi o seguinte:
>
> 1. Copiar no arquivo /home/fugaemre/.ssh/authorized_keys do servidor de
> fugaemrede a chave ssh pública o usuario galiza traven.indymedia.org.
> Deste xeito, permítese que o usuario galiza do traven non necesite
> introducir o passwd cada vez que quera facer ssh ao servidor fugaemrede.info
>
> 2. Crear un script do rsync no directorio /home/galiza/bin/ do traven
> indicando que se quere sincronizar o directorio /imc/mir/galiza do
> traven (onde está po html recén xenerado) co irectorio
> /home/fugaemre/public_html/cmi-gz do servidor de fugaemrede
>
> 3. Configurar o crontab (mediante o comando crontab -e) do traven para
> que se execute o script anterior coa mesma frecuancia que se executa o
> script de sincronización co ahimsa (mirror que estamos empregando agora
> mesmo), isto é cada 15 min.
>
> 4. E creo que nada máis. Tampouco era un trabalho moi trabalhoso...
> Quédamos manadar un correo a persoa que leva os dns de indymedia (antes
> era unha tal stephanie, suponho que o seguirá levando ela) para que a
> dirección galiza.indymedia.org apunte ao novo mirror, pero creo que é
> melhor esperar un par de días para comprobar que sicroniza ben e sen
> problemas.
>
> Creo que nada máis...
> Non sei se quedou moi claro... suponho que non.
>
> Bikos
>
> pedro
>
> Huesi wrote:
>
>> Parabéns Pedro...es unha máquina...
>> Agora, senon é moito incordiar: cando me ensinas o que fixeches??? Quero
>> aprender!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
>> Muases gordos
>>
>> Pedro escribió:
>>
>>
>>> Olá
>>>
>>> Estiven fozando para sincronizar o servidor de producción e o novo
>>> maquinilho. Polo de agora funciona (se ben da algún erro de permisos que
>>> non dou resolto ¿algúen pode botarlhe un olho?).
>>>
>>> O resultado clicando por aquí: http://cmi-gz.fugaemrede.info/
>>>
>>> Se iso, antes de avisar ás do dns para que apunten a dirección
>>> galiza.idymedia.org ao novo server, deixámolo uns días de probas a ver
>>> que tal funciona...
>>>
>>> Así que xa temos solucionado o tema...
>>>
>>>
>>>
>>>
>> _______________________________________________
>> imc-galiza mailing list
>> imc-galiza lists.indymedia.org
>> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>>
>>
>>
>
>
>
-------------- próxima parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: http://lists.indymedia.org/pipermail/imc-galiza/attachments/20070425/21dc6ec8/attachment.htm
Mais informações acerca da lista imc-galiza