[CMI Galiza] Festival - A Mocidade coa Lingua 11 de Maio
Damch GZ
damchgz gmail.com
Segunda-Feira, 30 de Abril de 2007 - 12:31:22 PDT
Festival "A Mocidade coa
Lingua"<http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/395/>
[image: Mocidade Coa Lingua]
Un ano máis o concello de Fene organiza o festival *Mocidade coa Lingua 2007
"Memorial Brocos"*, no que teremos a posibilidade de gozar da diversidade
musical da bisbarra nunha gala que terá lugar o día *11 de maio na Praza
Verde de Perlío ás 20:00hs.*
Está aberto o prazo de inscrición en catro categorías que abranguen os
estilos: folk, pop, rock e novas músicas. Un xurado formado por Jose Piñeiro
(Os Cempés, Tigres del Cañotas), Luís Iñíguez (Felipop) e Pulpiño Viascón
(multinstrumentista), dará boa conta da calidade e variedade musical que
ofrece unha comarca cunha fonda raizame musical, e unha intensa actividade
nesta arte.
*Ate o 7 de maio*, os grupos interesados en participar no festival, poderán
entregar a maqueta ou enviala por correo postal a: Departamento de Cultura
do Concello de Fene Avda. de Naturais, 44 entrechán dereita-centro 15500
Fene Tlf: 981 340 366
Os grupos gañadores de cada categoría daranse a coñecer na páxina web a
partir do día 7 de maio.
Ademais aos gañadores, ofrécelles a oportunidade de realizar diversos
concertos na comarca, en festivais como a Xuntanza de xoves gaiteiros,
Felipop ou Fenerock.
A gala onde se premiará aos grupos seleccionados, contará con grandes
sorpresas. Entre os convidados contaremos coa presenza de *Pulpiño Viascón*,
gañador do A POLO GHIT 2006 coa coñecida canción do verán pasado "In The
Ocean". Tamén estará o grupo galego de "disco style" *GALEGOZ*, que
presentará o seu novo traballo discográfico.
*Documentos de interese:*
- Bases que rexen "A mocidade coa lingua
2007"<http://www.fenecidadan.net/mediateca/doc/mocidade_diptico.pdf>.
- Primeiro informe á prensa do festival "A mocidade coa lingua
2007"<http://www.fenecidadan.net/mediateca/doc/D_prensa.pdf>.
Adicionar como favorito<http://www.komunikando.net/komunikajoomla/component/option,com_akocomment/task,favoured/id,395/>(1)
| Publika
este artigo no teu
site<http://www.komunikando.net/komunikajoomla/component/option,com_akocomment/task,quote/id,395/>|
Visto: 2
-------------- próxima parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: http://lists.indymedia.org/pipermail/imc-galiza/attachments/20070430/cd223c18/attachment.htm
Mais informações acerca da lista imc-galiza