[CMI Galiza] cal é a diferencia entre (((i))) e un foro

huesi huesi causaencantada.org
Segunda-Feira, 10 de Dezembro de 2007 - 09:05:34 PST


Eu xa lle propuxera a Beka se se animaba a formar parte do colectivo, 
pero dixera que non... Así que non cheguei a propoñer nada na lista!!! 
Agora se anima??? Si que creo que estaría guai que estivera por aquí, 
por mil motivos...
Así que, se a conseguiches convencer, adiante!!

Do resto, tamén concordo con falar todo no encontro, así que ide facendo 
un listado de cousas pendentes (ordes do día???) para as xornadas...

Muases

sweena escribió:
> estiven lendo por riba os comentarios do último flame do indy, nun post
> comentase que non se debe empregar este "foro" para debatir certas
> cousas, 
> foro??
> xurdeme polo tanto a dúbida de que diferencia o indy dun foro ou dun
> blog
> o indymedia pola sua propia natureza, e un medio contrainformativo, e
> non de opinión, aqui deberia questionarse a veracidade da información e
> non ao colectivos ou proxectos que haxa detrás da noticia,
>
> e dicer, que no primeiro post que puxera a parir ao Atreu a resposta
> nosa deberia ter sido "comenta no noso blogue (cando o tenhamos), pero
> este non é un espazo para valorar a calidade do cetro social, senón a
> nova", e por suposto a nova non tinha demasiado que discutir, 
>
> no flame de "o movemento contra NosUP e PL" pasa un tanto do mesmo,
> poderiamos a traves dunha simple norma de funcionamento neutralizar a
> discusión e evitar encher o indy de insultos.
> comezando por: o indy non é un foro, nen un blog,
> creo que no indy canarias houbo que aclarar o mesmo non fai moito. 
> Creo que marcar a diferencia axudaranos a limpar un pouco o indy da
> suciedade do barullo.
>
> non é para que a xente opine, para iso ha foros, é para informar,
> contrainformar e contrastar calquera contra/información, non si?
>
> en fin, para ir pensando de cara as xornadas de xaneiro
>
> Bjos,
> sweena
>
> PD: por certo esta finde estiven falando con Beka da Cova sobre o indy,
> quizás molaria invitala a participar no colectivo editorial, por meter a
> algunha muller vigo,
>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>   


Mais informações acerca da lista imc-galiza