[CMI Galiza] [Fwd: e unhas outras cousas pendentes]

Pedro pirgez riseup.net
Sábado, 7 de Julho de 2007 - 04:05:32 PDT


Olá...

A ver se pouco a pouco recupero algo de tempo e volvo a estar algo máis
activo...

Hai un mes, despois do encontro en Vigo, sweena enviounos esta lista de
puntos sobre os que falaramos. Non sei se falates algo disto na Coru a
finde do 29/30, pero se vos parece podemos ir dándolhe para adiante as
cousas apuntadas...

Bks,

Pedro

-------- Original Message --------
Subject: 	[CMI Galiza] e unhas outras cousas pendentes
Date: 	Fri, 01 Jun 2007 13:54:28 +0200
From: 	sweena <sweena  faita.net>
To: 	imc-galiza  lists.indymedia.org



en vigo, ainda que non comentamos moito de ir maqueando con calma o indy

por exemplo os links que hai ás linguas levan a editoriais moi, moi
pasadas, debemos pensar en ser ante todo operativas, é preferíbel ter
menos cousas pero que funcionen.

falamos tamén:
- quitar de unha por todas o logo da casa encantada, se estamos a falar
de un medio independiente non poden aparacer logos de centros sociais,
(ainda que as máquinas ou indy-pontos estiveran ahi, isto xa se falou)

- cambiar a gráfica, o cabeceiro e se cadra as cores? ideas? desexos?
(isto quedamos en facelo xentes do atreu, mas se non vos amola agardamos
un mes, que este (xuño) ando un pouco petada)

- en canto as traducións: non sei se é posíbel empregar un motor que
traduza o inglés¿?, porque ao español... pa que!, e o de por vários
galegos pffff! o galego é múltiple como a xente que habitamos gz, non?
asi que aceitando o devir queer postidentitario que se está a xerar
entre a multitude movimentística, hibridemos e non nos engaiolemos en
normativas indefinidas deixando asi que as variantes galegas xurdan
libres e coloren as editoriais,
en fin, que se atopamos a alguén que faga as traducións ao inglés, guay.

PD: parabéns polo curro de maio, 5 editoriais no mes nº 5, caña!!!

10, 100, 1000 editoriais!

:D

_______________________________________________
imc-galiza mailing list
imc-galiza  lists.indymedia.org
http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza



-- 
Pedro - pirgez(a)riseup.com

GPG Key		http://keys.indymedia.org/cgi-bin/lookup?op=get&search=5F00AF62

Fingerprint	6AB7 B3B6 5A02 1A12 0B00 3784 F334 AADB 5F00 AF62





Mais informações acerca da lista imc-galiza