[CMI Galiza] quitar a data dos comentarios
Lars
strafwetboek indymedia.org
Terça-Feira, 17 de Julho de 2007 - 11:58:56 PDT
Boas,
Como saberedes a lexislación no eido europeo está facultando aos estados
pra exercer unha tutela sobre as redes de comunicación que antes non
tiñan. A efectos prácticos esto tradúcese na potestade pra esixir os logs
aos intermediadores informacionais. Na indymedia non se gardan os logs,
pero ao poder recabar esta información dos isp, en breve poderán
identificar quen publicou un post determinado empregando a hora de
publicación que aparece entre a información de novas e comentarios, xa que
coincidiría coa información recabada dos enrutadores, algo que convirte en
especialmente vulnerabeis os indys con menos tráfico como é o galego.
Entendo que o feito de que a data da nova ou comentario sexa publicada
supón un factor inculpatorio que debería ser evitado. Por iso propóñovos
que eliminedes o campo "hora" da información publicada con cada comentario
ou nova
Saúdos.
PS: Gostei de cómo queda ese rosa! :)
Mais informações acerca da lista imc-galiza