[CMI Galiza] quitar a data dos comentarios
mundus bluewin.ch
mundus bluewin.ch
Terça-Feira, 17 de Julho de 2007 - 23:18:30 PDT
Olá Lars,
Semelhas umha de essas pessoages de conto fantástico que sempre se
aparece no momento oportuno para salvarmo-nos do infortúnio! ;-)
Obrigado pola tua sugerência que, a falta de outro critério de
sabiduria que o da confiança na tua pessoa, entendo deveriamos
aplicar o mais rapidamente possível.
Por certo, recentemente, sorprendido negativamente polo câmbio,
comentava umha compa o devir de arredemo.info. Nom tivem tempo de
mirar com calma o estado actual da web, mas semelhava ter-se
convertido num negócio, ou? Já nos contarás...
Grande abraço,
Mundo.
----Message d'origine----
De: strafwetboek indymedia.org
Date: 17.07.2007 20:58
À: <imc-galiza lists.indymedia.org>
Objet: [CMI Galiza] quitar a data dos comentarios
Boas,
Como saberedes a lexislación no eido europeo está facultando aos
estados
pra exercer unha tutela sobre as redes de comunicación que antes
non
tiñan. A efectos prácticos esto tradúcese na potestade pra esixir
os logs
aos intermediadores informacionais. Na indymedia non se gardan os
logs,
pero ao poder recabar esta información dos isp, en breve poderán
identificar quen publicou un post determinado empregando a hora de
publicación que aparece entre a información de novas e comentarios,
xa que
coincidiría coa información recabada dos enrutadores, algo que
convirte en
especialmente vulnerabeis os indys con menos tráfico como é o
galego.
Entendo que o feito de que a data da nova ou comentario sexa
publicada
supón un factor inculpatorio que debería ser evitado. Por iso
propóñovos
que eliminedes o campo "hora" da información publicada con cada
comentario
ou nova
Saúdos.
PS: Gostei de cómo queda ese rosa! :)
_______________________________________________
imc-galiza mailing list
imc-galiza lists.indymedia.org
http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
Mais informações acerca da lista imc-galiza