[CMI Galiza] e unhas outras cousas pendentes

sweena sweena faita.net
Sábado, 2 de Junho de 2007 - 02:33:18 PDT


Pois fugaemrede precisamente é unha rede que excede aos colectivos e os
centros sociais e que cumpre unha labor de comunicación, informazón e
movimento moi importante, 

creo que pode debater-se e mirar que logos seria axeitado que estivesen
e cales non:

por exemplo (e non agora) pero si olholivre converte-se na primeira
forma de oferecer documentación gráfica das movilizazóns, seria
interesante como outro xeito de contra-informar, entendendo que agás
polos contidos (que normalmente se elaboran polos manifestantes ou
activistas e que non son participantes de olholivre), no falan de unha
identidade pechada, como poderia ser o logo do atreu (p.e.)

fugaemrede o deixaba, se cadra amaña-lo un pouquiño, face-lo máis
bonito.


O Sáb, 02-06-2007 ás 03:23 +0200, Huesi escribiu:
> Eu tamén quitaría o logo de FugaEmRede... xa que quitamos logos, non
> pinta nada o de FugaEmRede ahí... e mola menos como comece a asociar que
> a xente de FugaEmRede está metida no indy e se "autopublicita"... como o
> vedes?
> Muases gordos
> 
> sweena escribió:
> > en vigo, ainda que non comentamos moito de ir maqueando con calma o indy
> > 
> > por exemplo os links que hai ás linguas levan a editoriais moi, moi
> > pasadas, debemos pensar en ser ante todo operativas, é preferíbel ter
> > menos cousas pero que funcionen.
> > 
> > falamos tamén:
> > - quitar de unha por todas o logo da casa encantada, se estamos a falar
> > de un medio independiente non poden aparacer logos de centros sociais,
> > (ainda que as máquinas ou indy-pontos estiveran ahi, isto xa se falou)
> > 
> > - cambiar a gráfica, o cabeceiro e se cadra as cores? ideas? desexos?
> > (isto quedamos en facelo xentes do atreu, mas se non vos amola agardamos
> > un mes, que este (xuño) ando un pouco petada)
> > 
> > - en canto as traducións: non sei se é posíbel empregar un motor que
> > traduza o inglés¿?, porque ao español... pa que!, e o de por vários
> > galegos pffff! o galego é múltiple como a xente que habitamos gz, non?
> > asi que aceitando o devir queer postidentitario que se está a xerar
> > entre a multitude movimentística, hibridemos e non nos engaiolemos en
> > normativas indefinidas deixando asi que as variantes galegas xurdan
> > libres e coloren as editoriais,
> > en fin, que se atopamos a alguén que faga as traducións ao inglés, guay.
> > 
> > PD: parabéns polo curro de maio, 5 editoriais no mes nº 5, caña!!!
> > 
> > 10, 100, 1000 editoriais!
> > 
> > :D
> > 
> > _______________________________________________
> > imc-galiza mailing list
> > imc-galiza  lists.indymedia.org
> > http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza




Mais informações acerca da lista imc-galiza