[CMI Galiza] Mensagem enviada por Montse Dopico
formulario indymedia.org
formulario indymedia.org
Quarta-Feira, 6 de Junho de 2007 - 12:49:05 PDT
MENSAGEM enviada por Montse Dopico (montse.dopico gmail.com)
---------------------------------------------------------------------------
Ola. Dinme que vos envíe as preguntas para a reportaxe sobre o movemento antiglobalización. Polo que vin até o de agora, non hai nada organizado, senón moitos colectivos que actúan de modo autónomo e, algúns deles, conflúen en actos coma a manifestación do sábado en Vigo ou a da mañá en Santiago con motivo da cimeira do G-8.
A cuestión é que, probábelmente, nada disto podería existir sen un espazo de información alternativa e libre coma o de indymedia, que é unha parte importante do propio movemento, como o é de moitos outros movementos sociais.
A cuestión é que cimeiras deste tipo xa houbo varias e, entón, ¿por que credes que é precisamente agora cando parece que se está organizando algo desde Galiza? ¿É simple casualidade, porque houbo colectivos que tomaron a iniciativa, ou é que quizais as consecuencias da globalización se están a sentir mais agora no noso país? ¿Ou que os propios colectivos se atopan nun momento de \"expansión\", son agora máis fortes...? (Quizais podedes deducilo do movemento que vedes agora en indymedia arredor deste tema en relación co pasado)
Como canle de expresión de todos estes colectivos, ¿cales diriades que son os principais posicionamentos dos mesmos en contra da globalización neoliberal? É dicir, ¿cales son os principais efectos da globalización neoliberal en galiza que están xerando resposta por parte destes colectivos?
¿E cal considerades que é o papel de indymedia en todo isto? Grazas.
------- << FIM DA MENSAGEM <<< ---
Síntete libre de respostar a esta mensagem. Lembra facelo também con cópia á lista para evitar solapamentos.
Mais informações acerca da lista imc-galiza