[CMI Galiza] editoriais

mundus bluewin.ch mundus bluewin.ch
Sexta-Feira, 23 de Março de 2007 - 09:52:18 PDT





1000 x 1000 de acordo !!!

bjs,

M

 



----Message d'origine----
De: david.bruzos  gmail.com
Date: 23.03.2007 17:32
À: <imc-galiza  lists.indymedia.org>
Objet: Re: [CMI Galiza] editoriais

A min paréceme ben tanto a opción de facer a actualización como o novo texto de GAS...
En todo caso, tamén concordo con que deberíamos tentar ter editoriais centrais máis habitualmente, e combinar isto coa non repetición de temas supoño que é dificil... A ver como facemos para compaxinalo...Bicos gordos

javier escribió: 
Olá!

que vamos fazer com o editorial do tema vivenda? actualiçamos? fazemos um
novo?

Eu nom o tenho nada claro, pois facer moitos editorias distitintos do
mesmo tema nom me convence...
¿Podedes probar a facer as actualizacions?
Sen moito medo, eh!

todo esto tendo em conta que o mércores havería que subir o do G8...

A maiores tenho outra proposta...
Ven de GAS - Caleidoskopio
O Tren de Alta Velociade (TAV/AVE) e o seu grande impacto ambiental e social.
A pesar do que diga a xente que quere xustificar a súa construcción, non
responde ás necesidades reais de comunicación de Galiza. Estas deberían
fundarse na accesibilidade para todas as persoas (sen excluir á xente do
rural ou á xente con poucos recursos), en vez diso  todo o investimento se
destina a infraestruturas e servizos elitistas, ao mesmo tempo que o tren
convencional vólvese perigoso, incómodo, caro e insuficiente.
A falta de inversións axeitadas para o seu mantemento e o enfoque
puramente economicista, (buscando a rendabilidade sobre as necesidades
sociais), provocou o peche de numerosas liñas, de feito que o tren deixou
de ser o nexo entre os pobos e vilas, forzando todavía máis ao uso do
coche.
A realidade é que se aposta por destruir e abandoar o rural, a alta
velocidade conecta ás grandes cidades que seguirán crecendo
descontroladamente, mentras ao rural non se lle da valor por sí mesmo, só
polo que poida servir as grandes cidades: Para ter a segunda residencia,
construir parques temáticos para ir na fin de semana, ou servir aos
intereses económicos das grandes urbes, terreo para polígonos industriais,
para o paso das grandes infraestruturas de comunicación, producción
enerxética, etc.
A súa imposición no estado español, ven asociada ás grandes remodelacións
(e pelotazos) urbanísticas de Barcelona ou Sevilla, cando optaron pola súa
transformación en cidades marca e espectáculo, aproveitando grandes
eventos como a Expo ou as Olimpiadas, (algo parecido ocorre agora con
Zaragoza), isto provoca no resto de capitais un espíritu de imitación
confundindo ese progreso e crecemento económico (dunhas poucas empresas
claro) coas necesidades reais das poboacións.
Estes anos de historia do AVE permiten unha análise do que pode supoñer en
Galiza:
- Incrementos disparados dos prezos do billete. Coma exemplo,
Sevilla-Madrid: 15 AVEs ó día: 69.80euros (ida), por unha viaxe de 2 horas
e media. Solución: voltar ó autobús: 5 horas 17.5 euros, porque as dúas
horas e media que te “aforraríasâ€, terías que acabar invertíndoas en
traballar máis horas para pagar os billetes!!.
- Elitización do transporte ferroviario. os elevados prezos das viaxes,
fan que a gran maioría dos billetes sexan comprados directamente por
empresas, para desprazar as persoas que ocupan cargos directivos.
- Destrucción de aldeas e barrios. Por todo o que implica a súa
construcción, e porque, unha vez en funcionamento, supón unha barreira
totalmente infranqueábel, e máis perigosa co tren convencional. Podemos
pensar no soterramento de vías cando pase por zonas urbanas, pero nalgúns
casos fixeron falsos tuneis cubrindo as vías con muros de 14 metros de
alto.
- Illamento. A finalidade do AVE é unir dous puntos á maior velocidade
posible. Obviamente, os puntos que interesa unir; aqueles que son
económicamente rendabeis, e non aqueles nos sexa socialmente necesario, o
AVE é unha infraestructura de imposición: a súa implantación supón a curto
ou medio prazo a desaparición das liñas convencionais de forma que non
haxa competencia ao AVE.
- Destrucción do territorio. Non existe nada, nin vilas, nin ríos, nin tan
sequera montañas; o tren ten que ir en liña recta e todo o que se lle
opoña, quítase do medio .
- Custe enerxético. Cando se poña en funcionamento o tren, a previsión de
gasto eléctrico será equivalente a unha cidade de varios milleiros de
habitantes. ¿Cómo se alimentará o AVE en Galiza?. ¿Cantas veces quedarán
ás escuras as aldeas polas que pase?. ¿Cantas novas hidroeléctricas,
térmicas, “molinillos†e estacións e subestacións eléctricas se
xustificarán?
- Especulación urbanística. Ó longo de todo o seu percorrido, a entrada do
AVE aproveitase para deseñar Peris ó seu redor; afectar vivendas nas que
logo se levantarán pisos, ou remodelar estacións en moitos casos para
crear zonas  comerciais, hoteis, pisos, sen aumentar o espazo destinado a
usos ferroviaisrios
- Obras, e todo o que iso implica a nivel de movemento de terras;
problemas coas augas; ruído, etc. Para comprobalo, basta achegarse ás
obras que xa se están realizando en Ourense. pero, ¿qué pasará ó chegar ás
zonas máis poboadas; a Teis, a Sárdoma....O que sabemos é o que está
pasando nos lugares ós que está chegando: aparición de fendas nas vivendas
(que ninguén quere asumir) afundimento de rúas, etc (el Prat de Llobregat,
Xaneiro 2007).Unha vez máis, os beneficios privados por diante dos
intereses sociais. Polo de agora, FCC-Acciona teñen adxudicado xa o tramo
Vigo-Redondela: 7Km por 183.19 millóns de euros (máis de 30000 millóns de
pesetas!!).
No caso de Vigo dous grandes tuneis, e a destrucción de vivendas en
diferentes barrios, se ben todavía non se sabe o alcance real da desfeita
que nos agarda.
Galiza non precisa a alta velocidade, un medio únicamente útil como
bandeira electoral e transporte das élites económicas, símbolo do modelo
de transporte insostíbel da Unión Europea (asumido acríticamente polo
estado español) e dun modelo económico igualmente autodestrutivo.


-------------- próxima parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: http://lists.indymedia.org/pipermail/imc-galiza/attachments/20070323/e0ef429d/attachment.htm 


Mais informações acerca da lista imc-galiza