[CMI Galiza] editoriais
Huesi
david.bruzos gmail.com
Sexta-Feira, 23 de Março de 2007 - 09:32:21 PDT
A min paréceme ben tanto a opción de facer a actualización como o novo
texto de GAS...
En todo caso, tamén concordo con que deberíamos tentar ter editoriais
centrais máis habitualmente, e combinar isto coa non repetición de temas
supoño que é dificil... A ver como facemos para compaxinalo...Bicos gordos
javier escribió:
> Olá!
>
>
>> que vamos fazer com o editorial do tema vivenda? actualiçamos? fazemos um
>> novo?
>>
>
> Eu nom o tenho nada claro, pois facer moitos editorias distitintos do
> mesmo tema nom me convence...
> ¿Podedes probar a facer as actualizacions?
> Sen moito medo, eh!
>
>
>> todo esto tendo em conta que o mércores havería que subir o do G8...
>>
>
> A maiores tenho outra proposta...
> Ven de GAS - Caleidoskopio
>
>
> O Tren de Alta Velociade (TAV/AVE) e o seu grande impacto ambiental e social.
> A pesar do que diga a xente que quere xustificar a súa construcción, non
> responde ás necesidades reais de comunicación de Galiza. Estas deberían
> fundarse na accesibilidade para todas as persoas (sen excluir á xente do
> rural ou á xente con poucos recursos), en vez diso todo o investimento se
> destina a infraestruturas e servizos elitistas, ao mesmo tempo que o tren
> convencional vólvese perigoso, incómodo, caro e insuficiente.
> A falta de inversións axeitadas para o seu mantemento e o enfoque
> puramente economicista, (buscando a rendabilidade sobre as necesidades
> sociais), provocou o peche de numerosas liñas, de feito que o tren deixou
> de ser o nexo entre os pobos e vilas, forzando todavía máis ao uso do
> coche.
> A realidade é que se aposta por destruir e abandoar o rural, a alta
> velocidade conecta ás grandes cidades que seguirán crecendo
> descontroladamente, mentras ao rural non se lle da valor por sí mesmo, só
> polo que poida servir as grandes cidades: Para ter a segunda residencia,
> construir parques temáticos para ir na fin de semana, ou servir aos
> intereses económicos das grandes urbes, terreo para polígonos industriais,
> para o paso das grandes infraestruturas de comunicación, producción
> enerxética, etc.
> A súa imposición no estado español, ven asociada ás grandes remodelacións
> (e pelotazos) urbanísticas de Barcelona ou Sevilla, cando optaron pola súa
> transformación en cidades marca e espectáculo, aproveitando grandes
> eventos como a Expo ou as Olimpiadas, (algo parecido ocorre agora con
> Zaragoza), isto provoca no resto de capitais un espíritu de imitación
> confundindo ese progreso e crecemento económico (dunhas poucas empresas
> claro) coas necesidades reais das poboacións.
> Estes anos de historia do AVE permiten unha análise do que pode supoñer en
> Galiza:
> - Incrementos disparados dos prezos do billete. Coma exemplo,
> Sevilla-Madrid: 15 AVEs ó día: 69.80euros (ida), por unha viaxe de 2 horas
> e media. Solución: voltar ó autobús: 5 horas 17.5 euros, porque as dúas
> horas e media que te "aforrarías", terías que acabar invertíndoas en
> traballar máis horas para pagar os billetes!!.
> - Elitización do transporte ferroviario. os elevados prezos das viaxes,
> fan que a gran maioría dos billetes sexan comprados directamente por
> empresas, para desprazar as persoas que ocupan cargos directivos.
> - Destrucción de aldeas e barrios. Por todo o que implica a súa
> construcción, e porque, unha vez en funcionamento, supón unha barreira
> totalmente infranqueábel, e máis perigosa co tren convencional. Podemos
> pensar no soterramento de vías cando pase por zonas urbanas, pero nalgúns
> casos fixeron falsos tuneis cubrindo as vías con muros de 14 metros de
> alto.
> - Illamento. A finalidade do AVE é unir dous puntos á maior velocidade
> posible. Obviamente, os puntos que interesa unir; aqueles que son
> económicamente rendabeis, e non aqueles nos sexa socialmente necesario, o
> AVE é unha infraestructura de imposición: a súa implantación supón a curto
> ou medio prazo a desaparición das liñas convencionais de forma que non
> haxa competencia ao AVE.
> - Destrucción do territorio. Non existe nada, nin vilas, nin ríos, nin tan
> sequera montañas; o tren ten que ir en liña recta e todo o que se lle
> opoña, quítase do medio .
> - Custe enerxético. Cando se poña en funcionamento o tren, a previsión de
> gasto eléctrico será equivalente a unha cidade de varios milleiros de
> habitantes. ¿Cómo se alimentará o AVE en Galiza?. ¿Cantas veces quedarán
> ás escuras as aldeas polas que pase?. ¿Cantas novas hidroeléctricas,
> térmicas, "molinillos" e estacións e subestacións eléctricas se
> xustificarán?
> - Especulación urbanística. Ó longo de todo o seu percorrido, a entrada do
> AVE aproveitase para deseñar Peris ó seu redor; afectar vivendas nas que
> logo se levantarán pisos, ou remodelar estacións en moitos casos para
> crear zonas comerciais, hoteis, pisos, sen aumentar o espazo destinado a
> usos ferroviaisrios
> - Obras, e todo o que iso implica a nivel de movemento de terras;
> problemas coas augas; ruído, etc. Para comprobalo, basta achegarse ás
> obras que xa se están realizando en Ourense. pero, ¿qué pasará ó chegar ás
> zonas máis poboadas; a Teis, a Sárdoma....O que sabemos é o que está
> pasando nos lugares ós que está chegando: aparición de fendas nas vivendas
> (que ninguén quere asumir) afundimento de rúas, etc (el Prat de Llobregat,
> Xaneiro 2007).Unha vez máis, os beneficios privados por diante dos
> intereses sociais. Polo de agora, FCC-Acciona teñen adxudicado xa o tramo
> Vigo-Redondela: 7Km por 183.19 millóns de euros (máis de 30000 millóns de
> pesetas!!).
>
> No caso de Vigo dous grandes tuneis, e a destrucción de vivendas en
> diferentes barrios, se ben todavía non se sabe o alcance real da desfeita
> que nos agarda.
> Galiza non precisa a alta velocidade, un medio únicamente útil como
> bandeira electoral e transporte das élites económicas, símbolo do modelo
> de transporte insostíbel da Unión Europea (asumido acríticamente polo
> estado español) e dun modelo económico igualmente autodestrutivo.
>
>
>
-------------- próxima parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: http://lists.indymedia.org/pipermail/imc-galiza/attachments/20070323/f29275a3/attachment.htm
Mais informações acerca da lista imc-galiza