[CMI Galiza] Manifestación Galiza Non se Vende:

Antón Gómez Reino Varela zgenot yahoo.es
Sexta-Feira, 4 de Maio de 2007 - 10:12:28 PDT


por mim ok. O que si molava fazer umha pequena intro onde (igual) ligar com o tema das assembleias pola vivenda no urbano... que vos parece?
  bjs
T.

Pedro <pirgez  riseup.net> escribió:
  Acabo de recibir o manifesto da mani do domingo
¿e se o pasamos a editorial?


*Manifestación Galiza Non se Vende:*


* Terra Viva e Vida Digna para tod  s *


*Domingo 6 de maio ás 12:00.
Santiago de Compostela*
*SaÃ&shy;da dende a Alameda *


http://www.verdegaia.org/ 

Colabora na divulgación

Le o manifesto 



A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa
vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxÃ&shy;a, nel
deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer…
e o facemos desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio
que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga,
ademais, muitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade.

O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez
maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema
ambición depredadora levamos décadas destruÃ&shy;ndoo e xustificámonos
argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir
mellor…

Este uso insustentábel do territorio está destruÃ&shy;r a paisaxe e o noso
patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empiorar
a nosa cualidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para,
como muito, enriquecer a unha minorÃ&shy;a. Galiza perde poboación ao tempo
que estende o seu solo artificializado.

Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, campos de
golf, portos deportivos, encoros, piscifactorÃ&shy;as, parques eólicos
indiscriminados, paseos marÃ&shy;timos e fluviais rÃ&shy;xidos, recheos,
monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respeito polas
figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen
unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial
sustentábel.

Denunciamos o elevado nÃ&shy;vel de destrución do territorio que estamos a
atinxir, mais tamén acreditamos na capacidade que aÃ&shy;nda temos para
reaxir. AÃ&shy;nda é posÃ&shy;bel deseñar e desenvolver unha polÃ&shy;tica de
ordenamento territorial sustentábel, que respeite a paisaxe e o
patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que
mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras.

Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda
digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatÃ&shy;bel coa
sustentabilidade, senon todo o contrario, e por iso demandamos un
imediato cambio de rumo.








--~--~---------~--~----~------------~-------~--~----~
Recibiu esta mensaxe porque está suscrito ao grupo OAR de correo
Se queres publicar neste grupo, envÃ&shy;a unha mensaxe de correo
electrónico a oaredondela  googlegroups.com
Para anular a suscripción a este grupo, envÃ&shy;e unha mensaxe a
oaredondela-unsubscribe  googlegroups.com
Para obter máis opcións, visita este grupo en
http://groups.google.es/group/oaredondela.
-~----------~----~----~----~------~----~------~--~---


-- 
Pedro - pirgez(a)riseup.com

GPG Key http://keys.indymedia.org/cgi-bin/lookup?op=get&search=5F00AF62

Fingerprint 6AB7 B3B6 5A02 1A12 0B00 3784 F334 AADB 5F00 AF62


_______________________________________________
imc-galiza mailing list
imc-galiza  lists.indymedia.org
http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza


       
---------------------------------

LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com
-------------- próxima parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: http://lists.indymedia.org/pipermail/imc-galiza/attachments/20070504/24db049d/attachment.htm 


Mais informações acerca da lista imc-galiza