[CMI Galiza] google...
Huesi
david.bruzos gmail.com
Terça-Feira, 15 de Maio de 2007 - 14:25:18 PDT
Ahá...
Pola miña banda, non tiña nin idea...pero ben, sendo así, perfecto...
Agora que xa sei, non hai problema!
Creo que xa que levades tempo funcionando así, e que está moi ben
pensado, eu opto por continuar como ate agora...
Moitos bicos gordos
javier escribió:
> Ups...
>
> Bom ista lista _sempre_ foi aberta, e o que se chama "seguridade por
> transparencia" (o problema é que non o sabiades!). A xestión é
> transparente, google pode indexar, e calqueira pode consultar as mensaxes
> no servidor das listas de Indymedia...
>
> Temos que evitar meter cousas personais (telefones, enderezos...), pero se
> queredes podemos cambiar a unha lista pechada ou pechar ista. As ventaxas
> de ter unha xestión mediante lista pública son de tipo legal... agora non
> o lembro pero pensade que estamos facendo unha actividade de xestión
> aberta e transparente (o colectivo editor).
>
> De todolos xeitos se algunha mensaxe é "privada" borramos...
>
> Algunha outra visión?
>
> Saudos!
>
>> E que agora, a única proposta que se me ocorre, e non sei se serviría de
>> moito, sería migrar a unha lista segura...sobre todo tendo en conta que
>> no servidor de ourense temos metido o dominio
>> http://galiza.indymedia.org, non sería moito problema crear unha lista
>> que fose similar a "lista galiza.indymedia.org", ou unha parecida e que
>> fose máis segura...
>> E logo, tentar eliminar todos os correos que queden na lista vella e a
>> ver se desaparecen do dominio público, non?
>> como o vedes?? Que alguén que controle opine por se acaso non sirve como
>> solución!!!!
>> Se vedes que está ben facer o cambio de lista, eu a creo e logo xa vos
>> dou as chaves a quen a estedes levando agora para facer a mudanza dos
>> correos todos....
>> Bicos gordos
>
Mais informações acerca da lista imc-galiza