[CMI Galiza] novo editorial

sweena sweena faita.net
Segunda-Feira, 21 de Abril de 2008 - 05:47:58 PDT


a min a estas alturas non me asustan os debates, ainda que como
colectivo editorial non faria un contracomentario, xa que penso que
existen temas que é preferible debatir desde unha posición de igualdade
(usuarias do indy) frente a un debate entre editoras e usuarias, polo
tanto animote a ti, como animaria a calquera compa con criterio respeito
das loitas de xénero a que expreses o teu parecer nun medio público e
colectivo.
de acordo completamente co tema das xorndas, en cuanto a facer esa
escolla, igual podemos facer unha búsqueda máis completa de cantas novas
de xénero se subiron, para isto facer uso da ferramenta búsqueda por
categorias (sexualidades, mulher, discriminación), deberia ser
suficiente. Neste sentido igual molaba repasar as categorias e engadir
xénero, loita de xénero, ou? mm?

está moi ben saber ver nas críticas as nosas propias carencias como
grupo editor e administrador do indy, mas non debemos asumir como
verdadeiras calquer reprobación que se nos faga polo mero feito de ser
formulada, para cada critica, eu boto de menos unha proposta, 
está ben, en cuestión de xénero sempre falamos das mesmas, pero onde
están "todas" as que nos deixamos fora? ogallá atopemos una morea de
grupos feministas, gays e antipatriaircais, pero normalmente as loitas
das mulleres engordan o traballo politico "serio" como un apartado máis,
e iso como dixen antes é indignante. E dicer, non confundir crítica con
troleo, práctica que non aporta moito, desgasta e que abunda entre as
persoas que pasan demasiado tempo diante dunha pantalla.

beijinhos  


O Lun, 21-04-2008 ás 13:29 +0200, beka escribiu:
> Olá, compas!

> Eu também ponhería o enlaço do matriarkado (espaço sobre temática 
> feminista da Radio Piratona) e o do ladyfest (festival feminista de 
> música). Se o criterio escolhido é que a luita feminista apareça como 
> obxectivo prioritario-que me parece moi bem-, penso que também deveríam 
> estar...
> 
> Sobre o comentario: evidentemente nom contempla o contido do  des-genere 
> como conceito de deconstrucçom na sua análise...mais a diferenciaçom que 
> fai esta rapaça está moi estendida em moitos grupos feministas e tem 
> umha lógica interna própria com a que nom concordo em absoluto, pero que 
> existe e tem a sua consistencia. Duvidei se respostar e abrir um debate, 
> nom o fixem porque nom me apetece que saltem os insultos e os trolheos. 
> De todos jeitos, como indymedia incluír na mesma editorial grupos como 
> as Mulheres ou as Maribolheras é umha escolha ideológica que podemos 
> romper às vezes para satisfacer ao outro sector, ou simplesmente  
> assumir as críticas -bom, "só" nos chamou estreitas de miras, nom?- 
> :-))...pero é certo que estamos orientando. Bom, já iremos decidindo 
> para as proximas editoriais sobre a temática em caso de que decidamos 
> faze-las...
> 
> beijinhos
> 
> pd: as mini-jornadas gays as incluiremos quando sejam publicitadas no 
> indy, sem saltar-nos fases, ou???Sinto, eu sempre dou-lhe moitas voltas 
> ao tema dos amiguismos...
> 
> beijinhos mil para todas
> 
> dani  aderiva.net wrote:
> > ai mimá
> >
> >
> > que aburrimento....
> >
> >
> > eu meteria tambem este:
> >
> > http://www.andainamulleres.org/
> >
> >
> > em quanto ao da revolta nom tenho claro se tenhem blogue próprio pero  
> > com o q puxeches já queda guai
> >
> > sobre os webs de ami, nos-up, etc....tampouco tenho claro o de  
> > ponhe-los pq realmente nom tenhem nada moi concreto sobre o tema assí  
> > á vista
> >
> >
> > bjs
> >
> > ----------------------------------------------------------------
> > This message was sent using IMP, the Internet Messaging Program.
> >
> >
> > _______________________________________________
> > imc-galiza mailing list
> > imc-galiza  lists.indymedia.org
> > http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
> >
> >   
> 
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza



Mais informações acerca da lista imc-galiza