[CMI Galiza] acordos...

mundus bluewin.ch mundus bluewin.ch
Quarta-Feira, 16 de Janeiro de 2008 - 07:22:20 PST


Obrigado por essas infos: desde logo foi umha assemblea bem 
produtiva. Concordo com Huesi no que vem de apontar e me sumo, como 
já tenho comentado nalgumha ocassom nos últimos tempos a (auto)
criticar a nossa linha editorial. 

Com todo, adianto já umha dificuldade: como conseguir a asépsia? 
Acaso é mais aséptico dizer gentes que povo, povo que naçom, naçom 
que multitudes, multitudes que massas, massas que movimento? 

O único jeito de conseguir a "neutralidade" (melhor que asépsia) e 
que seja umha neutralidade objectiva é ter presente no colectivo 
editorial a todas as sensibilidades: polo que se ve há certas 
sensibilidades que nom gostam de estar aqui (porém que desfrutam do 
lindo trolleando). 

Quê fazemos logo? Escrevemos para umha audiência imaginária anarko-
comunisto-ecologico-feministico-queer-independentista-autónomo-
federalista-...?

Nom sei si tal cousa será possível. O indymedia de Barcelona tem 
umha linha moi neutral precissamente porque é moi escueta. É este o 
modelo? Como o vedes?

Parabéns novamente polo passo adiante !
bjs,
m.



----Message d'origine----
De: huesi  causaencantada.org
Date: 16.01.2008 16:00
À: <imc-galiza  lists.indymedia.org>
Objet: Re: [CMI Galiza] acordos...

Xenial ter a info, guido.... mil gracias...
Paréceme perfecto todo... molaba ilas discutindo na lista para ir 
facendo os cambios oportunos.
De todo o falado, o único co que non concordo, a priori (igual 
entendín 
mal), é co tema dos enlaces á páxinas de contrainformación: eu 
retiraría, ademáis dos logos da Casa e de NuncaMais, tamén o de 
FugaEmRede (de feito, non entendo por qué quitar o da Casa e o de 
NuncaMais e non o da Fuga) e non engadiría máis.... os enlaces van, 
en 
cada editorial se fan falla, sobre cada tema concreto, e creo qeu 
poñer 
máis de forma permanente é volver a marcar de novo unha liña no 
colectivo (irremediablemente habería que decidir cales estarían e 
cales 
non...)
De feito, actualmente non ten moito sentido qeu siga ahí o enlace 
con 
logo de FugaEmRede, pero bueno...
Como o vedes o resto??
Bicos gordos

guido  aderiva.net escribió:
> ola a todas!!
>
> sinto non ter enviado antes o acta da xuntanza do finde, mais 
eiquí está:
>
> falamos de dous temas:
>
> 1) Cambio de imaxe e promoción da ferramenta: sobre isto fechouse 
un  
> cambio de imaxe e distribución da info digámoslle "radical", do 
que  
> quedaron encargadas sweena (desenho) e javi (aspectos 
técnicos).  
> Propúxose tamén unha campanha en formato flyer / cartaz de 
promoción  
> da ferramenta e do seu uso en centros sociais e outros lares  
> antagonistas.
>
> 2) Xestión da páxina e laboura editorial. sobre isto falouse 
máis, e  
> tocáronse diferentes aspectos, enumero:
>
> a) Todas vimos con bós ollos a proposta do javi da creación do  
> indy-lixo, espazo onde irían spam, novas chungas, trolladas,...
Quedou  
> a dúbida das novas interesantes sometidas ao ataque troll, xa que 
non  
> mola envialas ao lixo. Semella que o máis práctico sería borrar 
os  
> post mantendo a nova
>
> b) Acordamos tamén a posibilidade de que as convocatorias fosen 
tamén  
> de autopublicación, co seu espazo propio, debaixo das novas 
destacadas  
> polo colectivo editorial. Quedaría perfilar os criterios desto 
último,  
> xa que ate o de agora privilexiamos unicamente as convocatorias, 
feito  
> que agora xa non sería necesario.
>
> c)vencellado ao novo desenho, está a decisión xa falada de 
retirar os  
> dous logos ate agora presentes na páxina (casa encantada e lumes 
nunca  
> máis), incorporando ligazóns aos proxectos de contrainfo do pais. 
Este  
> listado quedou pendente de definir.
>
> d) Tamén de desenho, o cambio do banner. Incorpórase a idea de 
que o  
> banner cambie con regularidade, creando un espazo onde a penha 
poida  
> enviar as suas propostas como xeito de experimentación en clave 
de  
> creación colectiva do imaxinario indy-gz.
>
> e) Sobre a linha dos editoriais houbo consenso sobre o feito de 
que  
> están demasiado connotados discursivamente, feito que tamén é 
moi  
> protestado dentro dos debates nalgúns dos editoriais e máis en  
> bastantes novas e posts. Consenso tamén na necesidade de mudar 
isto,  
> buscando unha redacción aséptica, meramente informativa que 
busque  
> organizar a info xa existente publicada polos propios productores 
dos  
> eventos. Este debate quedou sen fechar, xa que bastante xente 
era  
> partidaria de eliminar todo tipo de redacción e, ou ben publicar 
un  
> texto feito polos colectivos que traballen a nova (caso comisión 
de  
> denuncia ou comando anti-sgae) ou un glosario de links que 
incidan na  
> nova, como xa se ten feito en outras etapas do indy-gz.
>
> moitas destas reflexións caminhan na linha de buscar que o 
traballo do  
> noso colectivo sexa o de artellar do mellor dos xeitos a info,  
> promover a participación activa de xentes e colectivos, en 
definitiva,  
> unha xestión da info sen creación discursiva, sendo outro tipo 
de  
> espazos os idóneos para este traballo, sen dúbida moi necesario.
>
>
> esta é pois o falado o pasado domingo, que comece o debate. 
sería  
> óptimo que puxéramos a funcionar esta nova actualización do indy-
gz en  
> canto poidamos, sen presas mais tamén sen pausas.
>
> por último dicer que houbo sentidas e importantes ausencias no  
> encontro, e que todo este resumo é unha proposta a debatir 
entre  
> todas, xa que botouse moi en falta as vosas opinións
>
> unha fortísima aperta
>
>
>
> Quoting huesi <huesi  causaencantada.org>:
>
>   
>> Temos mínimamente escritos os acordos aos que chegamos o domingo 
na reu
>> do indy???
>> Pasádelos pola lista para ir discutindo?? Ou como facemos??
>> Por certo, que paseino pipa... !!!
>> SOLETES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!                   ;-
)
>> Muases doces
>>
>> _______________________________________________
>> imc-galiza mailing list
>> imc-galiza  lists.indymedia.org
>> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>>
>>     
>
>
>
> ----------------------------------------------------------------
> This message was sent using IMP, the Internet Messaging Program.
>
>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>   
_______________________________________________
imc-galiza mailing list
imc-galiza  lists.indymedia.org
http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza





Mais informações acerca da lista imc-galiza