[CMI Galiza] acordos...
huesi
huesi causaencantada.org
Quarta-Feira, 16 de Janeiro de 2008 - 07:00:30 PST
Xenial ter a info, guido.... mil gracias...
Paréceme perfecto todo... molaba ilas discutindo na lista para ir
facendo os cambios oportunos.
De todo o falado, o único co que non concordo, a priori (igual entendín
mal), é co tema dos enlaces á páxinas de contrainformación: eu
retiraría, ademáis dos logos da Casa e de NuncaMais, tamén o de
FugaEmRede (de feito, non entendo por qué quitar o da Casa e o de
NuncaMais e non o da Fuga) e non engadiría máis.... os enlaces van, en
cada editorial se fan falla, sobre cada tema concreto, e creo qeu poñer
máis de forma permanente é volver a marcar de novo unha liña no
colectivo (irremediablemente habería que decidir cales estarían e cales
non...)
De feito, actualmente non ten moito sentido qeu siga ahí o enlace con
logo de FugaEmRede, pero bueno...
Como o vedes o resto??
Bicos gordos
guido aderiva.net escribió:
> ola a todas!!
>
> sinto non ter enviado antes o acta da xuntanza do finde, mais eiquí está:
>
> falamos de dous temas:
>
> 1) Cambio de imaxe e promoción da ferramenta: sobre isto fechouse un
> cambio de imaxe e distribución da info digámoslle "radical", do que
> quedaron encargadas sweena (desenho) e javi (aspectos técnicos).
> Propúxose tamén unha campanha en formato flyer / cartaz de promoción
> da ferramenta e do seu uso en centros sociais e outros lares
> antagonistas.
>
> 2) Xestión da páxina e laboura editorial. sobre isto falouse máis, e
> tocáronse diferentes aspectos, enumero:
>
> a) Todas vimos con bós ollos a proposta do javi da creación do
> indy-lixo, espazo onde irían spam, novas chungas, trolladas,...Quedou
> a dúbida das novas interesantes sometidas ao ataque troll, xa que non
> mola envialas ao lixo. Semella que o máis práctico sería borrar os
> post mantendo a nova
>
> b) Acordamos tamén a posibilidade de que as convocatorias fosen tamén
> de autopublicación, co seu espazo propio, debaixo das novas destacadas
> polo colectivo editorial. Quedaría perfilar os criterios desto último,
> xa que ate o de agora privilexiamos unicamente as convocatorias, feito
> que agora xa non sería necesario.
>
> c)vencellado ao novo desenho, está a decisión xa falada de retirar os
> dous logos ate agora presentes na páxina (casa encantada e lumes nunca
> máis), incorporando ligazóns aos proxectos de contrainfo do pais. Este
> listado quedou pendente de definir.
>
> d) Tamén de desenho, o cambio do banner. Incorpórase a idea de que o
> banner cambie con regularidade, creando un espazo onde a penha poida
> enviar as suas propostas como xeito de experimentación en clave de
> creación colectiva do imaxinario indy-gz.
>
> e) Sobre a linha dos editoriais houbo consenso sobre o feito de que
> están demasiado connotados discursivamente, feito que tamén é moi
> protestado dentro dos debates nalgúns dos editoriais e máis en
> bastantes novas e posts. Consenso tamén na necesidade de mudar isto,
> buscando unha redacción aséptica, meramente informativa que busque
> organizar a info xa existente publicada polos propios productores dos
> eventos. Este debate quedou sen fechar, xa que bastante xente era
> partidaria de eliminar todo tipo de redacción e, ou ben publicar un
> texto feito polos colectivos que traballen a nova (caso comisión de
> denuncia ou comando anti-sgae) ou un glosario de links que incidan na
> nova, como xa se ten feito en outras etapas do indy-gz.
>
> moitas destas reflexións caminhan na linha de buscar que o traballo do
> noso colectivo sexa o de artellar do mellor dos xeitos a info,
> promover a participación activa de xentes e colectivos, en definitiva,
> unha xestión da info sen creación discursiva, sendo outro tipo de
> espazos os idóneos para este traballo, sen dúbida moi necesario.
>
>
> esta é pois o falado o pasado domingo, que comece o debate. sería
> óptimo que puxéramos a funcionar esta nova actualización do indy-gz en
> canto poidamos, sen presas mais tamén sen pausas.
>
> por último dicer que houbo sentidas e importantes ausencias no
> encontro, e que todo este resumo é unha proposta a debatir entre
> todas, xa que botouse moi en falta as vosas opinións
>
> unha fortísima aperta
>
>
>
> Quoting huesi <huesi causaencantada.org>:
>
>
>> Temos mínimamente escritos os acordos aos que chegamos o domingo na reu
>> do indy???
>> Pasádelos pola lista para ir discutindo?? Ou como facemos??
>> Por certo, que paseino pipa... !!!
>> SOLETES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ;-)
>> Muases doces
>>
>> _______________________________________________
>> imc-galiza mailing list
>> imc-galiza lists.indymedia.org
>> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>>
>>
>
>
>
> ----------------------------------------------------------------
> This message was sent using IMP, the Internet Messaging Program.
>
>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>
Mais informações acerca da lista imc-galiza