[CMI Galiza] acordos...
huesi
huesi causaencantada.org
Quarta-Feira, 16 de Janeiro de 2008 - 07:43:54 PST
Bon, Mundo...
De feito eu concordo ao 100% contigo...
Eu preferiría, como comentou Javi que se fixo nunha etapa anterior, que
só houbera enlaces nos editoriais... o mínimo texto posible... entendo
que Toni dicía que era moi importante contextualizar e sí que é certo,
pero claro, ao facelo tamén estamos metendo "marca"....
Non sei.... a min repito que me mola máis a idea de Javi....
Como vedes?Mua
mundus bluewin.ch escribió:
> Obrigado por essas infos: desde logo foi umha assemblea bem
> produtiva. Concordo com Huesi no que vem de apontar e me sumo, como
> já tenho comentado nalgumha ocassom nos últimos tempos a (auto)
> criticar a nossa linha editorial.
>
> Com todo, adianto já umha dificuldade: como conseguir a asépsia?
> Acaso é mais aséptico dizer gentes que povo, povo que naçom, naçom
> que multitudes, multitudes que massas, massas que movimento?
>
> O único jeito de conseguir a "neutralidade" (melhor que asépsia) e
> que seja umha neutralidade objectiva é ter presente no colectivo
> editorial a todas as sensibilidades: polo que se ve há certas
> sensibilidades que nom gostam de estar aqui (porém que desfrutam do
> lindo trolleando).
>
> Quê fazemos logo? Escrevemos para umha audiência imaginária anarko-
> comunisto-ecologico-feministico-queer-independentista-autónomo-
> federalista-...?
>
> Nom sei si tal cousa será possível. O indymedia de Barcelona tem
> umha linha moi neutral precissamente porque é moi escueta. É este o
> modelo? Como o vedes?
>
> Parabéns novamente polo passo adiante !
> bjs,
> m.
>
>
>
> ----Message d'origine----
> De: huesi causaencantada.org
> Date: 16.01.2008 16:00
> À: <imc-galiza lists.indymedia.org>
> Objet: Re: [CMI Galiza] acordos...
>
> Xenial ter a info, guido.... mil gracias...
> Paréceme perfecto todo... molaba ilas discutindo na lista para ir
> facendo os cambios oportunos.
> De todo o falado, o único co que non concordo, a priori (igual
> entendín
> mal), é co tema dos enlaces á páxinas de contrainformación: eu
> retiraría, ademáis dos logos da Casa e de NuncaMais, tamén o de
> FugaEmRede (de feito, non entendo por qué quitar o da Casa e o de
> NuncaMais e non o da Fuga) e non engadiría máis.... os enlaces van,
> en
> cada editorial se fan falla, sobre cada tema concreto, e creo qeu
> poñer
> máis de forma permanente é volver a marcar de novo unha liña no
> colectivo (irremediablemente habería que decidir cales estarían e
> cales
> non...)
> De feito, actualmente non ten moito sentido qeu siga ahí o enlace
> con
> logo de FugaEmRede, pero bueno...
> Como o vedes o resto??
> Bicos gordos
>
> guido aderiva.net escribió:
>
>> ola a todas!!
>>
>> sinto non ter enviado antes o acta da xuntanza do finde, mais
>>
> eiquí está:
>
>> falamos de dous temas:
>>
>> 1) Cambio de imaxe e promoción da ferramenta: sobre isto fechouse
>>
> un
>
>> cambio de imaxe e distribución da info digámoslle "radical", do
>>
> que
>
>> quedaron encargadas sweena (desenho) e javi (aspectos
>>
> técnicos).
>
>> Propúxose tamén unha campanha en formato flyer / cartaz de
>>
> promoción
>
>> da ferramenta e do seu uso en centros sociais e outros lares
>> antagonistas.
>>
>> 2) Xestión da páxina e laboura editorial. sobre isto falouse
>>
> máis, e
>
>> tocáronse diferentes aspectos, enumero:
>>
>> a) Todas vimos con bós ollos a proposta do javi da creación do
>> indy-lixo, espazo onde irían spam, novas chungas, trolladas,...
>>
> Quedou
>
>> a dúbida das novas interesantes sometidas ao ataque troll, xa que
>>
> non
>
>> mola envialas ao lixo. Semella que o máis práctico sería borrar
>>
> os
>
>> post mantendo a nova
>>
>> b) Acordamos tamén a posibilidade de que as convocatorias fosen
>>
> tamén
>
>> de autopublicación, co seu espazo propio, debaixo das novas
>>
> destacadas
>
>> polo colectivo editorial. Quedaría perfilar os criterios desto
>>
> último,
>
>> xa que ate o de agora privilexiamos unicamente as convocatorias,
>>
> feito
>
>> que agora xa non sería necesario.
>>
>> c)vencellado ao novo desenho, está a decisión xa falada de
>>
> retirar os
>
>> dous logos ate agora presentes na páxina (casa encantada e lumes
>>
> nunca
>
>> máis), incorporando ligazóns aos proxectos de contrainfo do pais.
>>
> Este
>
>> listado quedou pendente de definir.
>>
>> d) Tamén de desenho, o cambio do banner. Incorpórase a idea de
>>
> que o
>
>> banner cambie con regularidade, creando un espazo onde a penha
>>
> poida
>
>> enviar as suas propostas como xeito de experimentación en clave
>>
> de
>
>> creación colectiva do imaxinario indy-gz.
>>
>> e) Sobre a linha dos editoriais houbo consenso sobre o feito de
>>
> que
>
>> están demasiado connotados discursivamente, feito que tamén é
>>
> moi
>
>> protestado dentro dos debates nalgúns dos editoriais e máis en
>> bastantes novas e posts. Consenso tamén na necesidade de mudar
>>
> isto,
>
>> buscando unha redacción aséptica, meramente informativa que
>>
> busque
>
>> organizar a info xa existente publicada polos propios productores
>>
> dos
>
>> eventos. Este debate quedou sen fechar, xa que bastante xente
>>
> era
>
>> partidaria de eliminar todo tipo de redacción e, ou ben publicar
>>
> un
>
>> texto feito polos colectivos que traballen a nova (caso comisión
>>
> de
>
>> denuncia ou comando anti-sgae) ou un glosario de links que
>>
> incidan na
>
>> nova, como xa se ten feito en outras etapas do indy-gz.
>>
>> moitas destas reflexións caminhan na linha de buscar que o
>>
> traballo do
>
>> noso colectivo sexa o de artellar do mellor dos xeitos a info,
>> promover a participación activa de xentes e colectivos, en
>>
> definitiva,
>
>> unha xestión da info sen creación discursiva, sendo outro tipo
>>
> de
>
>> espazos os idóneos para este traballo, sen dúbida moi necesario.
>>
>>
>> esta é pois o falado o pasado domingo, que comece o debate.
>>
> sería
>
>> óptimo que puxéramos a funcionar esta nova actualización do indy-
>>
> gz en
>
>> canto poidamos, sen presas mais tamén sen pausas.
>>
>> por último dicer que houbo sentidas e importantes ausencias no
>> encontro, e que todo este resumo é unha proposta a debatir
>>
> entre
>
>> todas, xa que botouse moi en falta as vosas opinións
>>
>> unha fortísima aperta
>>
>>
>>
>> Quoting huesi <huesi causaencantada.org>:
>>
>>
>>
>>> Temos mínimamente escritos os acordos aos que chegamos o domingo
>>>
> na reu
>
>>> do indy???
>>> Pasádelos pola lista para ir discutindo?? Ou como facemos??
>>> Por certo, que paseino pipa... !!!
>>> SOLETES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ;-
>>>
> )
>
>>> Muases doces
>>>
>>> _______________________________________________
>>> imc-galiza mailing list
>>> imc-galiza lists.indymedia.org
>>> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>>>
>>>
>>>
>>
>> ----------------------------------------------------------------
>> This message was sent using IMP, the Internet Messaging Program.
>>
>>
>> _______________________________________________
>> imc-galiza mailing list
>> imc-galiza lists.indymedia.org
>> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>>
>>
>>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>
>
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>
>
Mais informações acerca da lista imc-galiza