[CMI Galiza] [Fwd: ] Ceivar
huesi
huesi causaencantada.org
Domingo, 12 de Outubro de 2008 - 14:58:40 PDT
Contesto abaixo cunha pequena reflexión a unha frase de Joám...
> --------------------------- Mensagem Original ----------------------------
> Assunto:
> De: Joám Peres <pintens hotmail.com>
> Data: Qui, Outubro 9, 2008 7:33 pm
> Para: "Tone (Indymedia Galiza)" <tone fugaemrede.info>
> --------------------------------------------------------------------------
> Pretendemos dar a esta contestaçom um carácter
> "suprapartidário", de país, e de rechaço a que ninguém seja processado por
> tribunais que, além de espanhóis, nom reunem as mínimas garantias
> exigíveis.
1.- Dende cando, sobre todo falando en claves de movemento, os
tribunais, e da igual que sexan españois que galegos, son quen de
impartir xustiza? Dende cando reunen garantías de ser xustas?
2.- Preténdese dar un "caracter suprapartidario" e de rechazo ao
procesamento de dúas persoas galegas? De verdade se pode pretender
defender de forma aberta e non partidaria (recibir un apoio potente,
vamos) o procesamento de 2 persoas, por moi galegas que sexan? Sucede
entón que son máis importantes que o resto de galegas que son xulgadas
sexa na Galiza como fóra? Ou son acaso máis importantes e merecen polo
tanto maior apoio que aquelas persoas non galegas xulgadas, iso sí, polo
grande sistema xudicial galego (que é moito máis xusto que o español
polo mero feito de ser galego, non?)....!!!
3.- Como resposta "de pais"! Así que, o país que estamos a construir vai
manter un sistema xudicial e penitenciario que recoñeza que hai dúas
persoas, e case ningunha máis, que non merecen estar en prisión?
Con todo, e a pesar da rabieta, concordaría, xa que se pide dende un
colectivo (ainda que a vía non sexa a millor, efectivamente --> as
canles habituais non lle serven?), facer un editorial e meter info sobre
o proceso, que vai ser chungo abondo, certamente. Agora ben, eu proporía
unha de dúas opcións:
a) Que o editorial o maqueten elas directamente, como fixemos algunha
vez meses atrás e deixamos de facer, e que se colgue temporalmente como
escrito por elas...
b) Que o editorial o maquete o colectivo editorial, pero entón para min
non sería sobre ese proceso, senón, de novo, sobre a represión
xudicial-penitenciaria. Hoxe foi 12 de outubro e houbo movida en
Arteixo, o caso de Diego sigue moi vivo, Tarrío idem. Casos como o
suposto motín de Teixeiro de hai dous veráns siguen traendo cola... E
seguen a existir cada vez máis persoas presas ainda que o número de
delictos non sube, co que se conclúe que o sistema penal español é
pésimo e non busca de ningún xeito, nin sequera por disimular, a
reinserción social (se é que fóse boa ou que exista, que esa é outra).
E, de forma paralela, cada ano hai máis e máis casos documentados de
torturas e malos tratos nos centros de detención do estado, e
curiosamente e en contra do que habitualmente se cree ou se fai ver, os
"presos políticos" non son nin de lonxe o colectivo máis afectado...
Sinto o tostón...
Bicos gordos
Mais informações acerca da lista imc-galiza