[CMI Galiza] [Fwd: ] Ceivar

guido aderiva.net guido aderiva.net
Domingo, 12 de Outubro de 2008 - 23:23:57 PDT


coccordo plenamente co huesi. polo tanto válenme calquera das duas opcións

bks

guido


"a ledicia de viver na deriva"


huesi <huesi  causaencantada.org> ha escrito:

> Contesto abaixo cunha pequena reflexión a unha frase de Joám...
>
>> --------------------------- Mensagem Original ----------------------------
>> Assunto:
>> De:      Joám Peres <pintens  hotmail.com>
>> Data:    Qui, Outubro 9, 2008 7:33 pm
>> Para:    "Tone (Indymedia Galiza)" <tone  fugaemrede.info>
>> --------------------------------------------------------------------------
>>  Pretendemos dar a esta contestaçom um carácter
>> "suprapartidário", de país, e de rechaço a que ninguém seja processado por
>> tribunais que, além de espanhóis, nom reunem as mínimas garantias
>> exigíveis.
> 1.- Dende cando, sobre todo falando en claves de movemento, os
> tribunais, e da igual que sexan españois que galegos, son quen de
> impartir xustiza? Dende cando reunen garantías de ser xustas?
> 2.- Preténdese dar un "caracter suprapartidario" e de rechazo ao
> procesamento de dúas persoas galegas? De verdade se pode pretender
> defender de forma aberta e non partidaria (recibir un apoio potente,
> vamos) o procesamento de 2 persoas, por moi galegas que sexan? Sucede
> entón que son máis importantes que o resto de galegas que son xulgadas
> sexa na Galiza como fóra? Ou son acaso máis importantes e merecen polo
> tanto maior apoio que aquelas persoas non galegas xulgadas, iso sí, polo
> grande sistema xudicial galego (que é moito máis xusto que o español
> polo mero feito de ser galego, non?)....!!!
> 3.- Como resposta "de pais"! Así que, o país que estamos a construir vai
> manter un sistema xudicial e penitenciario que recoñeza que hai dúas
> persoas, e case ningunha máis, que non merecen estar en prisión?
>
> Con todo, e a pesar da rabieta, concordaría, xa que se pide dende un
> colectivo (ainda que a vía non sexa a millor, efectivamente --> as
> canles habituais non lle serven?), facer un editorial e meter info sobre
> o proceso, que vai ser chungo abondo, certamente. Agora ben, eu proporía
> unha de dúas opcións:
>
> a) Que o editorial o maqueten elas directamente, como fixemos algunha
> vez meses atrás e deixamos de facer, e que se colgue temporalmente como
> escrito por elas...
>
> b) Que o editorial o maquete o colectivo editorial, pero entón para min
> non sería sobre ese proceso, senón, de novo, sobre a represión
> xudicial-penitenciaria. Hoxe foi 12 de outubro e houbo movida en
> Arteixo, o caso de Diego sigue moi vivo, Tarrío idem. Casos como o
> suposto motín de Teixeiro de hai dous veráns siguen traendo cola... E
> seguen a existir cada vez máis persoas presas ainda que o número de
> delictos non sube, co que se conclúe que o sistema penal español é
> pésimo e non busca de ningún xeito, nin sequera por disimular, a
> reinserción social (se é que fóse boa ou que exista, que esa é outra).
> E, de forma paralela, cada ano hai máis e máis casos documentados de
> torturas e malos tratos nos centros de detención do estado, e
> curiosamente e en contra do que habitualmente se cree ou se fai ver, os
> "presos políticos" non son nin de lonxe o colectivo máis afectado...
>
> Sinto o tostón...
>
> Bicos gordos
> _______________________________________________
> imc-galiza mailing list
> imc-galiza  lists.indymedia.org
> http://lists.indymedia.org/mailman/listinfo/imc-galiza
>



----------------------------------------------------------------
This message was sent using IMP, the Internet Messaging Program.





Mais informações acerca da lista imc-galiza